Coruña Infantil – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los eventos y noticias para los mas peques solo tienes que hacer CLICK AQUI

Coruña Atrapa – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los mejores locales y sitios que visitar en Coruña haz CLICK AQUI

O Concello levará a 50 estudantes de ciclos medios a facer prácticas laborais en empresas de varios países de Europa durante tres meses

O Concello da Coruña convocará no mes de novembro as primeiras 30 prazas do programa Bolsas Europa FP­Proxecto Acoreuropa IV, que permitirá que 50 titulados de ciclos medios de FP poidan facer prácticas de tres meses de duración en empresas de Reino Unido, Irlanda, Italia, Austria, Portugal e Polonia. A …

¡¡Black Friday en TodoConsolas!!

Por fín llegó el día, todo el mundo habla del Black Friday y es que se trata del gran día de super ofertas y jugosos descuentos con el que arrancamos las compras navideñas. Y si tienes pensado regalar tecnología, cambiar de móvil o quizá comprar ese juego que está en …

Recent Articles:

O concelleiro de Rexeneración Urbana saúda a alta participación no concurso de ideas para a rehabilitación da praza e o mercado de Monte Alto, con 72 propostas presentadas

diciembre 7, 2016 coruna No Comments

O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, salientou o “éxito de participación” do concurso de ideas convocado polo Concello para a rehabilitación da praza e o mercado de Monte Alto, que vén de pecharse cun total de 72 propostas presentadas. “Trátase dun número moi relevante, e estamos seguros de que o proceso rematará cun resultado moi positivo”, sinala o responsable municipal, quen subliña que o concurso –aberto dentro da estratexia para revitalizar os mercados municipais e acadar a súa correcta inserción no tecido urbano, así como favorecer o caracter singular destas infraestruturas– “responde á aposta deste Goberno local polo modelo de comercio de proximidade e responsable que representan os mercados, así como o seu papel como catalizadores sociais”. Neste sentido, Varela destaca tamén que os obxectivos do proxecto, formulado de forma conxunta desde as concellerías de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Emprego e Economía Social, e Xustiza Social e Coidados, foron consensuados a través do diálogo cos distintos axentes do barrio, desde veciñanza e a asociación veciñal, praceiras e asociacións do propio recinto e tamén a comunidade da escola municipal infantil de Monte Alto, toda vez que a intervención ten entre os seus obxectivos mellorar o acceso e relación dos dous espazos.

Como indica o concelleiro, o proceso continuará coa inminente conformación do xurado, unha vez rematada a execución do listado e os trámites administrativos previos. O concurso desenvolverase en dúas fases, na primeira das cales o xurado seleccionará de entre as 72 propostas presentadas aquelas cinco que resulten máis acaídas, de acordo cos criterios de valoración incorporados no prego. A segunda fase servirá para resolver o concurso, coa selección da proposta gañadora.

O concurso de ideas, aberto no mes de setembro, está dirixido a selección dunha idea que sirva de base para o desenvolvemento da rehabilitación ou reforma do edificio que acolle o mercado, así como a súa contorna, e resolver a especial configuración do espazo urbano da praza da parte superior, prestando especial atención aos percorridos peonís accesibles e á calidade urbana, así como solucionar a mobilidade rodada pública e privada neste enclave. Entre os criterios da intervención, ademais de reforzar a visibilidade da praza de abastos no barrio e a mellora de acceso e usos, tanto do mercado como da praza superior, o concelleiro de Rexeneración Urbana destaca a incorporación de criterios ambientais, tanto durante a fase de execución da obra como no posterior uso e mantemento da infraestrutura e os espazos urbanos contiguos, desde o aforro e uso eficiente de auga e a enerxía, o aforro enerxético ou o criterio de pegada ecolóxica na elección de materiais.

O alcalde acende a iluminación de Nadal, que este ano conta con tecnoloxía de alta eficiencia, “mostra de que a tradición pode ir da man da innovación, a modernidade, e o respecto ao Medio Ambiente”

diciembre 6, 2016 coruna No Comments

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, presidiu esta tarde o acto de acendido do alumeado de Nadal. O evento, que tivo lugar na Praza de María Pita, contou, ademais de coa presenza da veciñanza, así como de concelleiros e concelleiras da Corporación Municipal, coa colaboración das xogadoras do Hockey Club Liceo, que veñen de ascender á máxima categoría da competición estatal, e que foron as encargadas de premer o botón de prendido. O rexedor destacou que a posta en funcionamento da iluminación da Nadal, que se manterá até o final das festividades, é reflexo de que “este Concello respecta ás tradicións, pero ligadas e complementadas coa modernidade e á innovación”. Por iso, todos os adornos navideños nesta ocasión contan con tecnoloxía LED de alta eficiencia, o que se traduce nun considerable aforro eléctrico. “Este alumeado debe ser sinónimo non só de festa, senón tamén de respecto polo Medio Ambiente”, comentou o alcalde, nunha xornada na que tamén se puxeron en funcionamento as actividades destinadas aos e ás máis pequenas que terán lugar na Praza de María Pita durante o Nadal.

unnamed

“Para que as luces escintilen, fai falla que antes haxa algo de oscuridade. Esta cidade ten aínda moito que mellorar, pero debemos gabarnos da nosa veciñanza. Unha cidadanía que igual que as mozas do Hockey Club Liceo é valente e comprometida, como podemos ver por exemplo en como se vén de volcar coa campaña contra as violencias machistas Coruña en Negro”, dixo o mandatario local. “Esta é unha Coruña Solidaria, como dá exemplo o decidido apoio a calquera iniciativa de axuda aos e ás veciñas en risco de vulnerabilidade, ou a todas aquelas persoas que se vén obrigadas a migrar dos seus fogares. Hoxe, o día que acendemos as luces de Nadal, é tamén tempo de recoñecer e agradecer a toda a cidadanía da Coruña que sexa como é, e que, ao igual que estas luces, poida iluminar no medio da escuridade”, salientou. … Leer más

Música e teatro social no Teatro Colón na semana da conmemoración do Día Internacional dos Dereitos Humanos

diciembre 6, 2016 Teatro Colon No Comments

A semana da ponte de decembro chega ao Teatro Colón con tres citas que encherán o recinto de música e teatro social.

O xoves 8 de decembro, ás 21:00 horas, chega un novo Xoves de Música (10€ anticipada, 12€ na billeteira o día do evento), unha cita baseada no apoio ás bandas locais emerxentes, que nesta ocasión correrá a cargo de dúas bandas coruñesas con certa traxectoria xa ás súas costas e cun son moi persoal: La Senda de Afra e Diariodeverano. (+info na web)

O venres 9 de decembro, ás 20:30 horas sube ás taboas do teatro Fraude, unha obra orixinal de Sudhum Teatro (10€ anticipada, 12€ na billeteira o día do evento), que explora á personalidade de Elmyr de Hory, o falsificador de arte máis famoso de todos os tempos. Este xenio da pintura, afincado en Ibiza durante os seus últimos anos de existencia, padeceu a represión franquista e mesmo o cárcere por mor da súa homosexualidade. As falsas aparencias, o que é verdade e o que é mentira, a importancia da marca e a procura dunha identidade propia son temas que atravesan a súa vida e a súa morte. (+info na web)

O sábado 10 de decembro, ás 20:30 horas, Sudhum Teatro representará Silenciados (Entre 8 e 10€ en venta anticipada) unha peza de teatro físico e social que fala da intolerancia e narra a historia de cinco persoas asasinadas por crimes de odio, concretamente por causa da súa orientación sexual. A obra, coa que o Teatro Colón conmemorará o Día Internacional dos Dereitos Humanos, estará seguida dun coloquio cos espectadores no que participarán os actores e o director da peza, e membros de ALAS A Coruña. (+info na web)

O Concello acenderá este martes as luces do Nadal, que conxugan innovación, tradición e eficiencia enerxética

diciembre 6, 2016 coruna No Comments

O Goberno local acenderá hoxe, martes 6, o alumeado do Nadal do Concello. O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, procederá ao prendido das luces que penduran da fachada de María Pita e que, de seguido, iluminarán a cidade. No acto, que comezará ás 19.00 horas, o rexedor estará acompañado polas xogadoras do equipo feminino do Hóckey Club Liceo, que esta tempada ascendeu á máxima categoría da competición estatal, a OK Liga. Este ano o Concello aposta, na iluminación ornamental, por promover a imaxe do municipio a través dos seus elementos máis característicos nos distintos barrios da cidade e as principais zonas comerciais, así como pola implantación de novas tecnoloxías de menor consumo enerxético. Deste modo, por vez primeira, as luces estarán fabricadas con tecnoloxía 100% LED de alta eficiencia.

A iluminación situarase polos barrios da cidade a través de 107 puntos, entre rúas, avenidas e prazas, co obxectivo que esta ornamentación tamén sirva como punto de encontro para veciñanza.Tamén se distribuirán, á proposta das asociacións comerciais das Conchiñas, Falperra, Mallos, Monte Alto, Picasso, Riazor, Sagrada Familia, Orzán e Acocem, 100 arcos que alumearán os principais distritos comerciais da Coruña. Nos establecementos repartiranse máis de 100.000 ‘rasca e gaña’ para acceder ás atraccións e obradoiros que se celebrarán durante o Nadal en María Pita.

A praza tamén acollerá durante este período un Mercadiño con tres postos de venda ambulante –garrapiñada, outro de algodón de azúcar e mazás caramelizadas, e de flocos de millo–, e as casetas de Papa No el e da proposta solidaria A Casa dos Xoguetes, impulsada pola Oficina de Información ás persoas Consumidoras, OMIC. Desde hoxe, 5 de decembro, e até o próximo 3 de xaneiro, todas as persoas que se acheguen poderán tanto depostivar como levar os xoguetes que máis lles gusten cun sorriso como moeda de cambio. O horario desta caseta será, de luns a venres, de 17 .00 a 20.00 horas, os sábados e domingos, de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas, agás nas fins de semana de Nadal e Aninovo –o día 24, será de 12.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 19.00 horas, ao igual que do día 31 de decembro, mentres que os días 25 e o 1 de xanerio será de 17.00 a 20.00 horas–.

Ademais, desde o día 26 ata o 31 de decembro, organizaranse talleres para nenas e nenos na casa de Papá Noel, con tres sesións distintas a diario –unha pola mañá, entre as 12.30 e as 14.00 horas, e dúas pola tarde, entre as 17.00 e as 20.00 horas–, e ofrecenranse actuacións dirixidas ao público infantil todos os días, do 22 ao 31 do decembro –de 17 a 20.00 horas–, no escenario instalado na mesma praza haberá unha actuación diaria no escenario instalado na praza.

EL CRAT CORUÑA Y LA FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE IMPULSAN LA INTEGRACIÓN DE MENORES EN RIESGO DE EXCLUSIÓN A TRAVÉS DEL RUGBY

diciembre 6, 2016 Uncategorised No Comments

La Fundación María José Jove y el Club de Rugby Arquitectura Técnica de A Coruña, CRAT, han unido fuerzas con el objetivo de promover la inclusión de menores en riesgo de exclusión y de niños y niñas con diversidad funcional a través del rugby.

unnamed

Para ello, Felipa Jove y Pedro López-Sors, presidentes de la Fundación María José Jove y del CRAT, respectivamente, han firmado un acuerdo mediante el cual, la Fundación financiará el alojamiento en la residencia universitaria concertada Rialta de 4 jugadores del CRAT. Por su parte, el club coruñés implantará un programa de inserción social gracias al cual integrará en sus diferentes categorías a menores en riesgo de exclusión de entre 8 y 18 años y a personas con diversidad funcional.

Para la Fundación María José Jove este acuerdo es un paso más en sus proyectos de inclusión social a través del deporte, en el que destaca el programa ESFUERZA que facilita la práctica de vela, piragüismo, natación y fitness adaptado a más de 500 personas al año.

Por su parte, para el CRAT este acuerdo es una oportunidad de acercar el rugby y sus valores a menores que difícilmente podrían conocerlo de otro modo, al mismo tiempo que involucra a sus jugadores en la necesidad de contribuir a la integración social de las personas con diversidad funcional o en riesgo de exclusión.

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Loading ... Loading ...