Coruña Infantil – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los eventos y noticias para los mas peques solo tienes que hacer CLICK AQUI

Coruña Atrapa – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los mejores locales y sitios que visitar en Coruña haz CLICK AQUI

O Concello levará a 50 estudantes de ciclos medios a facer prácticas laborais en empresas de varios países de Europa durante tres meses

O Concello da Coruña convocará no mes de novembro as primeiras 30 prazas do programa Bolsas Europa FP­Proxecto Acoreuropa IV, que permitirá que 50 titulados de ciclos medios de FP poidan facer prácticas de tres meses de duración en empresas de Reino Unido, Irlanda, Italia, Austria, Portugal e Polonia. A …

OFERTA TODOCONSOLAS: 3×2 en Manga y Cómic.

Esta semana en TodoConsolas 3×2 en Manga y Cómic. Combínalos como quieras y llévate gratis el de menor valor. Oferta válida hasta el 28/08/2016 o fin de existencias.

Recent Articles:

A Concellería de Igualdade subscribe convenios con 36 entidades sen ánimo de lucro por 650.000 euros, “centrados en visibilizar as diversidades e os colectivos minorizados”

agosto 28, 2016 coruna No Comments

A Concellería de Igualdade e Diversidade, dirixida por Rocío Fraga, está a subscribir convenios con entidades sen ánimo de lucro ­­centradas especialmente no ámbito das diversidades funcionais e a integración, así como no traballo con colectivos minorizados­­ por valor de 650.000 euros. Estas axudas están contempladas no anexo de subvencións nominativas do Orzamento Municipal para este 2016. Segundo explicou este venres a responsable municipal en rolda de prensa, en total asinaránse 36 convenios, existindo dúas novas entidades beneficiarias, como son Centro de Estudos de Xénero e Feministas (CEFEX) da Universidade da Coruña, e a Fundación Emalcsa.

unnamed

“O 55,56% destes convenios, máis da metade, correspóndense coa aplicación do denominado Plan Municipal para Persoas con Discapacidade, que representan casi o 63% do orzamento total destinado a subvencións nominativas desta concellería”, comentou Fraga, quen incidiu no compromiso do Concello en que A Coruña sexa unha cidade sen barreiras, adaptada ás distintas diversidades da poboación. “Preto da metade de convenios xa veñen de ser asinados, mentres que os que restan están en fase de fiscalización, e serán proximamente subscritos. Servirán para financiar actividades que se desenvolverán ao longo do ano ou se vaian a levar a cabo ata decembro, dentro da aplicación do Plan municipal para Persoas con Discapacidade e dentro do ámbito da sociedade diversa”, expuxo. “Case todos os convenios que estamos a asinar son de continuidade. Isto é debido a que é necesario colaborar con moitas entidades especializadas que están a traballar, alí onde a administración non chega”, indicou a concelleira. … Leer más

A Xunta de Goberno local deu hoxe luz verde a actuacións na cidade en materia de rexeneración urbana, xustiza social e culturas por valor de máis de 14 millóns de euros

agosto 27, 2016 coruna No Comments

A Xunta de Goberno local celebrada deu o visto e prace a unha serie de contratos de carácter bienal en materia de rexeneración urbana, mobilidade, xustiza social e culturas por máis de 14,1 millóns de euros, actuacións, todas elas, marcadas polo obxectivo de construír unha cidade “máis xusta e accesible para todos e todas”, tal e como indicou a concelleira de Facenda e Administración Pública, Eugenia Vieito, ao remate da sesión. Así, entre as diversas iniciativas que foron aprobadas polos membros do Goberno municipal destacan os 6,4 millóns de euros que aplicarán nun período de dous anos (3,2 millóns en cada exercicio) no servizo de mantemento, conservación e reparación de beirarrúas e áreas peonís da cidade a través de dous contratos. Trátase, segundo comenta o concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, dun gasto fundamental, “xa que é absolutamente prioritario poñer ao día o espazo público, para que este poida estar adaptado ao uso de todas as persoas, atendendo a criterios de accesibilidade e deseño universal e respondendo ás demandas dos barrios e da veciñanza”. A cifra do investimento supón un forte incremento do gasto nestes traballos, que ata esta data ascendía a 2,4 millóns por exercicio, cantidade que agora se incrementa nun 33%.

Tamén destacan entre as iniciativas parabenizadas pola Xunta de Goberno Local a posta en marcha do concurso para adxudicar a organización e realización das Bolsas USA, programa que posibilitará que, como mínimo, 50 alumnos e alumnas da Coruña realicen durante os cursos 2017­2018 e 2018­2019 os estudos correspondentes ao primeiro grao de Bacharelaro en Estados Unidos. O obxectivo desta acción, que impulsa a Concellería de Xustiza Social e Coidados, da que é concelleira Silvia Cameán, é “ofrecer a oportunidade aos e ás alumnas de 4o de ESO residentes no concello da Coruña de cursar o Grao 11 en EEUU para acadar un dominio avanzado da lingua inglesa e un coñecemento real doutra cultura”. O gasto aprobado será de 650.000 euros por curso, unha inversión histórica neste programa. … Leer más

O Concello convoca as primeiras subvencións municipais para entidades sen ánimo de lucro “en materia de cultura e educación ambiental”

agosto 27, 2016 coruna No Comments

A Concellería de Medio Ambiente vén de poñer en marcha a primeira liña municipal de axudas destinada a entidades sen ánimo de lucro que leven a cabo proxectos de cultura e educación ambiental. A titular desta área de Goberno, María García, destaca que é a primeira vez na historia do Concello que se leva a cabo unha convocatoria específica nesta materia. O importe global das axudas, ás que se poderá obtar mediante réxime de concorrencia competitiva unha vez estean publicadas do Boletín Oficial da Provincia (BOP), é de 40.000 euros.

García salientou que “a implicación da cidadanía é imprescindible para abordar o necesario cambio de cultura de cara a un desenvolvemento sostible xusto, compartindo coas institucións a responsabilidade e o dereito de buscar as vías que garantan un futuo mellor para nós e as vindeiras xeracións”. Nesa tarefa de empoderar tanto a entidades como a asociacións ou agrupación cidadáns, a Concellería de Medio Ambiente vén de convocar axudas para os proxectos e ideas que se presenten e que xiren arredor de dúas liñas, como son “a xestión sostible dos residuos e a naturalización urbana e conservación da natureza na cidade”. As actividades e proxectos obxecto da subvención terán que ser desenvolvidos este ano, entre o 1 de xullo e o 31 de decembro. … Leer más

A Concellería de Xustiza Social aumentará os servizos municipais de axuda a domicilio cun novo programa, por importe dun millón de euros, que ofertará 60.000 horas de atención

agosto 26, 2016 coruna No Comments

A Concellería de Xustiza Social e Coidados ten previsto poñer en marcha un novo servizo de axuda a domicilio (SAD IV) composto por 60.000 novas horas de atención. O citado programa terá carácter bianual, e cada exercicio contará cun orzamento máximo dun millón de euros. A intención da Xunta de Goberno local é dar este venres o visto e prace á tramitación anticipada do expediente para a contratación deste servizo público de axuda a domicilio mediante a modalidade de concerto para así, posteriormente, sacar a concurso o novo paquete de horas de coidados. A titular deste departamento do Goberno local, Silvia Cameán, destacou hoxe que se trata dunha “moi boa e esperada noticia”, xa que o número de horas ofertadas dende o Concello para atender, no seus propios fogares, a persoas en situación de dependencia, aumenta un 23%. Ademais, Cameán destaca que á hora de sacar a concurso esta nova bolsa de horas primarase que a empresa adxudicataria fomente “tanto a calidade do emprego como a inserción no mercado laboral de persoas que presenten dificultades particulares”, como é o caso de persoas desempregadas de longa duración.

A concelleira de Xustiza Social e Coidados salientou o papel da Xunta de Galicia, como institución que se encarga de distribuír as bolsas de horas para atender a aquelas persoas en situación de vulnerabilidade recoñecida a través do Sistema de Autonomía e Atención á Depedencia de Galicia (SAAD), que logo son xestionadas polos concellos. “Saudamos o feito de que tivese en conta as necesidades dos e das veciñas da cidade en situación de dependencia e nos ofrecese esta nova bolsa de horas, que decidimos tramitar de forma anticipada mediante un novo concerto. Non obstante, lamentamos que houbera que esperar á cercanía das eleccións autonómicas para que se apliquen medidas tan necesarias”, comentou Cameán, quen recordou o fondo compromiso do Concello, e da súa área de Goberno, con estes servizos en particular, o que levou ao seu departamento a sancionar a unha das actuais adxudicatarias debido ás queixas que estaba a recibir por parte das persoas usuarias. “Garantir unha adecuada cobertura para as persoas en situación de vulnerabilidade é un dos motores do nosa acción de Goberno. Por iso xa en setembro do pasado ano, tan só tres meses despois de chegar á María Pita, demandamos un incremento nas horas do SAD. Nese momento a petición foi rexeitada, polo que nos aledamos inmensamente de que, finalmente, sexa polo motivo que fose, a Xunta se aviñese a ter en conta á situación dos e das dependentes desta cidade, onde segue a crecer o número de demandantes deste servizo”, comentou, que aproveitou para reclamar tanto á Administración autonómica como ao actual Goberno central en funcións “que revertan todos os recortes que efectuaron na atención á dependencia”.

A Romaría de Santa Margarita abre as súas actividades no mercado da praza de Lugo cunha exhibición de música tradicional

agosto 26, 2016 coruna No Comments

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, estivo na mañá do xoves no mercado Eusebio da Guarda, na praza de Lugo, que acolleu unha das actividades asociadas á Romaría de Santa Margarita que este fin de semana culmina a programación das festas de María Pita, como foi a actuación, dentro da propia praza de abastos, das asociacións culturais Donaire e Son d’Aquí. Os preparativos da romaría xa se deixan ver desde principios de semana na contorna dos catro emprazamentos polos que se espallarán as actividades do sábado, que se repartirán entre o parque de Santa Margarita e catro novos emprazamentos, como son as prazas de Lugo, Vigo, Ourense e os Xardíns de Méndez Núñez. Desde o luns, os escaparates dunha trintena de negocios da zona centro, locen distintos elementos relacionados coa cultura tradicional, desde traxes ata instrumentos musicais, para “ir facendo ambiente e crear un escaparate vivo, e dentro do obxectivo de dinamizar e dar visibilidade á cultura tradicional dun xeito moi visual”, segundo explica o concelleiro. Nesta exposición cóntanse, entre outras pezas, con media ducia de pezas dunha colección de traxes tradicionais en distintos comercios da zona centro.

unnamed

Tal e como destaca o responsable municipal, o programa deste ano amplía o concepto da romaría e dá protagonismo á música tradicional e ás asociacións, en conexión coas agrupacións e entidadescidadásparti cipantesnoprograma Ardelloeixo.Nestesentido,aprimeiraxornada,ado sábado 27, estará dedicada por enteiro ao folclore, na que, desde as 10.00 e ata as 19.00 horas, as distintas áreas temáticas –baile, música, faladoiros e regueifas, e infantil– distribuirase polas prazas e os xardíns de Méndez Núñez, antes de rematar as actividades no parque de Santa Margarita, con actuacións musicais a partir das 20.00 horas. Tamén, durante a mañá, haberá pasarrúas e cabezudos entre as distintas ubicacións. … Leer más

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Loading ... Loading ...