Home » Deportes » Currently Reading:

350 nenos e nenas participan no Torneo de fútbol sala “Memorial Héroes do Orzán”

Junio 10, 2017 Deportes No Comments

Uns 350 nenos e nenas entre os 6 e 12 anos pertencentes ás distintas categorías base (prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil) de 32 clubes de fútbol sala galegos, participarán entre o 15 e 18 de xuño no Torneo de fútbol sala “Memorial Héroes do Orzán 2017”, que se desenvolverá nos pavillóns deportivos do Ventorrilo, San Francisco, Barrio das Flores e Novo Mesoiro, na cidade da Coruña

A nova edición do torneo foi presentada na sede da Deputación da Coruña polo deputado responsable da área de Deporte e Xuventude da institución provincial, José García Liñares; o presidente da Fundación Imdecum, organizadora do campionato, Marcelino Luna, e familiares e compañeiros de Rodrigo Maseda Lozano, Javier López López e José Antonio Villamor Vázquez, os tres policías falecidos en acto de servizo o 27 de xaneiro de 2012 nas augas do Orzán durante o intento de rescate do mozo eslovaco Tomas Velicky.

Coa celebración deste evento deportivo, ademáis de promocionar o deporte de base entre os nenos e nenas coruñesas, a Deputación quere contribuír a que a memoria dos héroes do Orzán non caia no olvido, segundo apuntou García Liñares, que subliñou “a lección de humanidade, profesionalidade e valentía” dos tres axentes, que “non dubidaron en arriscar a súa vida” para axudar a alguén en apuros. Liñares comprometeu tamén o apio da Deputación para que o torneo siga crecendo no futuro e promocionando o deporte entre os pequenos.

“Agradecemos moito esta iniciativa tan bonita”, afirmou Isabel Lozano, nai de Rodrigo Maseda, un dos policías falecidos en acto de servizo, que subliñou o apoio das institucións para que o campionato siga medrando e fomentando entre os cativos “valores como o deporte e o traballo en equipo”.

Lozano definiu o evento como “unha tristeza alegre” para as familias dos policías “que nos permite lembralos co bullicio dos nenos”. “Creo que aos nosos lles gustaría moitísimo”, apuntou.

No mesmo sentido pronunciouse Carmen López, nai de Javier López, que tivo palabras de gratitude “para todos os que fan isto posible” e o inspector Javier Saco, que destacou que “a memoria dos axentes permanece na Policía Nacional e nos cidadáns da Coruña”.

Pola súa banda, o presidente da Fundación Imdecum, Marcelino Luna, agradeceu o “apoio incondicional” das familias, da Deputación da Coruña, a Cruz Vermella e a Federación Galega de Fútbol Sala “para que o campionato siga crecendo”.

Nesta edición do Memorial “Héroes do Orzán”, os clubes participantes son: Troula Betanzos FS, Leis Pontevedra, Xerión Novo Mesoiro, Pescados Rubén Burela FS, Hércules Coruña FS, 5Coruña FS, Club del Mar San Amaro, Ex-Alcohólicos Morás, Distrito V FS, Colegio Liceo, Ventorrillo FS, A Fervenza FSF, Viaxes Amarelle FSF, Santiago Futsal A Gaiola, Melide FSF, Fundación Eu Son, Adcor e Aspronaga.

Moitos deles competirán en diferentes categorías, masculinas e femininas, que inclúen prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e Special Olympics, para persoas con discapacidade.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...