Home » Ayuntamiento » Currently Reading:

Acto de concesión das 217 parcelas e 24 mesas de cultivo

junio 25, 2018 Ayuntamiento No Comments

Fotografías do acto de concesión das 217 parcelas e 24 mesas de cultivo nas ecohortas urbanas de Novo Mesoiro, Eirís e Agra do Orzán no que participaron o alcalde, Xulio Ferreiro, e a concelleira de Medio Ambiente, María García.

O rexedor quixo poñer en valor o potencial da Coruña “como entorno privilexiado para a agricultura ecolóxica”, no que as ecohortas son “unha oportunidade para apostar pola soberanía alimentaria”  e “espazos didácticos para os e as máis pequenas, as que se lles ofrece un contacto coa agricultura”. Ferreiro, que lembrou que os espazos de hortas urbanas foron decididos nun proceso participativo coa veciñanza, salientou que o Goberno local ten proxectadas novas parcelas en Oza e que traballa tamén en distintas iniciativas de agricultura ecolóxica no marco de proxectos europeos, como é o caso de Connecting Natura, que se desenvolve xunto a UDC, ou o programa de cooperación Urbact, no que A Coruña explora iniciativas de alimentación sustentable da man de Roma e Vilnius.

Por outro lado, a Concellería de Medio Ambiente puxo en marcha un proceso gratuíto de asesoramento para os e as usuarias das ecohortas. Unha das formacións específicas estará baseada na agricultura ecolóxica (con charlas en centros cívicos e actividades in situ nas propias hortas ao logo de todo o ano) e outra de acompañamento, para dotar a cada horta dunhas normas de funcionamento axeitadas de cara á creación de Consellos de Xestión destes espazos urbanos por parte das súas propias usuarias.

 

Comment on this Article: