Home » coruna » Currently Reading:

A cidade estrea a súa nova marca turística, que se presenta baixo o lema ‘A Coruña Sempre Aberta’ e trata de reflectir “o seu carácter acolledor, innovador, cosmopolita e atlántico”

diciembre 29, 2017 coruna No Comments

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, presentou a nova marca turística A Coruña Sempre Aberta, imaxe deseñada polo artista local Antón Lezcano e que foi escollida entre as case 50 propostas que se presentaron ao concurso público aberto polo Consorcio de Turismo. Nun acto no que estaba presente tanto o gañador deste proceso como o presidente do ente municipal de promoción turística, o concelleiro de Emprego, Alberto Lema, e a xerenta do mesmo, Lanzada Calatayud, o rexedor salientou que esta nova marca “reflicte ese carácter acolledor, innovador, cosmopolita e atlántico da cidade, cualidades moi ben valoradas polos e polas visitantes segundo se reflexa no Plan Estratéxico de Turismo posto en marcha por este goberno local”.

A nova imaxe turística sera empregada tanto en comunicacións institucións, como en merchandising e publicidade do Consorcio de Turismo. O primeiro edil indicou que o lema de Sempre Aberta “é unha sorte de actualización do espíritu desa Cidade na que Ninguén é Forasteiro , que foi especialmente aplaudida no seu momento e que debiamos traer ao presente”. “Aquel lema xa había tempo que non era o oficial na cidade, pero quedou no imaxinario colectivo, esperemos que con este lema e esta imaxe, ocorra o mesmo”, dixo.

Pola súa banda, o presidente do Consorcio, Alberto Lema, comentou que a imaxe e o lema foron escollidos por un xurado no que, ademais do edil, figuraban a xerenta Calatayud, o concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, e representantes da xunta de goberno do Consorcio, como da Escola de Turismo da Coruña, a Fundación Luis Seoane, o comité de seguimento do Plan Estratéxico de Turismo e o sector hostaleiro e congresual da cidade. “Ter unha marca turística recoñecible e que represente as potencialidades da nosa terra era unha das necesidades que tamén se detectaron no citado Plan de Estratéxia Turística”, indicou Lema, quen agradeceu a participación en todo este proceso tanto dos e das integrantes do xurado como das persoas participantes.

Lezcano explicou, pola súa banda, que “a imaxe pretende simbolizar eses valores dos que fala o Plan Estratéxico. Creo que os catro escintileos da imaxe, das luces do faro, fan que a marca quede na retina”. O autor explicou que a tipografía única empregada “é algo importante, xa que pode parecer algo infantil, mais para min representa o que é A Coruña, unha cidade creativa, positiva, que sempre mira cara adiante, acolledora, riquiña, próxima e diversa”.

Comment on this Article:







*