Home » Teatro Colon » Currently Reading:

A comedia xestual SMART reúne no Teatro Colón ás tres mellores pallasas do momento

junio 8, 2018 Teatro Colon No Comments

Coa comedia xestual SMART, como un teléfono intelixente pode converterte nunha idiota volven este domingo 10 de xuño ás 12:00 ao Teatro Colón. Tres pallasas enganchadas a un teléfono intelixente son as protagonistas.

Este domingo 10 de xuño 12:00h volven ao Colón as matinais familiares programadas pola Área de Cultura da Deputación da Coruña coa comedia xestual SMART, como un teléfono intelixente pode converterte nunha idiota, unha historia de descubrimento e de amizade, nunha época de máxima conectividade coa rede e absoluta desconexión no persoal.

Dirixida por Antón Coucheiro “Cou”, SMART, como un teléfono intelixente pode converterte nunha idiotareúne no escenario a tres das mellores pallasas a nivel galego e estatal, Akira Valero, Natalia Outeiro “Pajarito” e Marta Iglesias.

SMART, como un teléfono intelixente pode converterte nunha idiota é unha comedia sen palabras arredor do mundo das aplicacións móbiles. Tres pallasas enganchadas ao seu smartphone acoden a unha clínica de rehabilitación para superar a súa adicción.

Desorientadas e sen o seu móbil, terán que aprender de novo a comunicarse e a vivir sen estar aferradas ao celular. SMART é un universo poético e surrealista de iconografía dixital. A través da técnica do videomapping, crean unha escenografía e un atrezzo virtual, un espazo visual e sonoro de apps, pantallas táctiles e sons dixitais, no que se mergullarán as tres estrambóticas pallasas e con elas todo o público.

Redes sociais, paos deselfie, soños de apps, zonas sen WiFi, coros de ringtones, cubos táctiles, habitacións feitas con videomaping, diálogos de emoticonos e pallasas; un universo delirante onde os teléfonos son máis intelixentes que as persoas.

As entradas para este espectáculo pódense mercar en ataquilla.comou na billeteira do Teatro Colón. Os horarios de apertura están dispoñibles en www.teatrocolon.es/entradas

O ciclo de matinais trouxo ao Teatro Colón obras teatrais e musicais destinadas a público familiar, con especial atención ao de menor idade. Desde a ópera infantil de A Flauta Máxica, música con Magín Blanco, Magín Blanco ou María Fumaça pasando por circo con Pistacatro a teatro con compañias como Teatro do Noroeste, Berrobambán, Galeatro, trasPediante, Sarabela Teatro ou Malasombra Producións ou danza con Ballet Norte formaron parte do espazo cultural para o público infantil.

Comment on this Article:

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...