Home » coruna » Currently Reading:

A Concellaría de Xustiza Social abre este xoves o prazo para solicitar unha das 14 bolsas de prácticas no estranxeiro para FP que oferta dentro do programa Acoreuropa VI

enero 31, 2018 coruna No Comments

A Concellaría de Xustiza Social e Coidados abre o próximo xoves día 1 e até o 18 de febreiro a convocatoria do proxecto Acoreuropa VI para que titulados e tituladas en ciclos medios de FP poidan solicitar unha bolsa de prácticas en países da Unión Europea. Na segunda edición deste programa, que promove o Concello da Coruña en convenio co Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) e os centros docentes asociados, convócanse 14 bolsas de tres meses de duración para prácticas laborais en empresas de Irlanda, Italia, Austria e Francia, que se levarán a cabo entre maio e agosto desde ano.

As persoas beneficiarias da bolsa recibirán unha axuda mensual para cubrir a súa estadía de entre 800 e 1.100 euros, segundo o país de destino, ademais de ter cubertos todos os gastos da viaxe, o aloxamento e os seguros de atención sanitaria e responsabilidade civil. O Concello tamén se fai cargo da búsqueda das empresas e os aloxamentos, así como a organización e xestión de todos os aspectos das prácticas.

O programa está dirixido a persoas tituladas en ciclos medios de FP antes do mes de decembro de 2017 e que cursaran os estudios nalgún dos centros docentes públicos asociados a Acoreuropa VI nesta edición: CIFP Anxel Casal, CIFP Paseo das Pontes, CIF Someso, IES A Sardiñeira, IES Calvo Sotelo, IES Fernando Wirtz, IES Ramón Menéndez Pidal, IES Urbano Lugrís, CPR Cruz Vermella, CPR Grande Obra de Atocha e CPR Liceo La Paz.

A inscrición pode facerse na web de educación do Concello ( www.edu.coruna.es ), pero a documentación que xustifica o cumplimento dos requisitos deberá presentarse en calquera dos rexistros municipais, ubicados no pazo municipal de María Pita, Fórum Metropolitano, Mesoiro ou no centro Ágora. Unha comisión será a encargada de seleccionar as e os bolseiros, para o que terán en conta as cualificacións obtidas nos seus estudos de FP, a súa competencia lingüística de idiomas extranxeiros, a valoración que faga o centro e o resultado dunha entrevista persoal na que, ademais da comisión, haberá representantes do Concello e dos centros docentes asociados ao programa.

As bolsas terán a seguinte distribución: tres prazas en Florencia (Italia), outras tres en 3 Lisboa (Portugal), catro en Cork (Irlanda), dúas bolsas en Viena (Austria) e, finalmente, outras dúas en Burdeos (Francia).

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...