Home » coruna » Currently Reading:

A Concellería de Emprego abre un novo proceso para adxudicar 23 postos baleiros nos mercados municipais no que se primarán os proxectos que favorezan a inserción laboral

noviembre 30, 2017 coruna No Comments

A Concellería de Emprego e Economía Social, dirixida por Alberto Lema, impulsará un novo proceso para adxudicar a explotación de 23 postos baleiros nos mercados municipais da cidade. O procedemento que se habilitará, e que recibirá este venres o visto e prace da Xunta de goberno local, está aberto a toda a cidadanía, se ben, primará a aqueles proxectos que favorezan a inserción laboral de colectivos con dificultades, ás pemes e as asociacións e empresas de economía social, así como a praceiros e praceiras que xa conten con postos lindantes aos ofertados. O responsable municipal salientou que se trata “do segundo procedemento deste tipo que leva a cabo o goberno local neste mandato” e que “entronca coas ambiciosas medidas de dinamización das prazas de abastos municipais que estamos a levar a caboencolaboracióncopropiosector”.

En concreto, e logo de que en maio de 2016, o departamento de Emprego e Economía Social sacase a concurso 48 postos, o goberno municipal ten previsto impulsar un proceso semellante, mediante concorrencia pública, para que as persoas que así o desexen poidan optar a explotar durante 15 anos, prorrogables por 10 máis, 23 postos nos mercados (9 no Eusebio da Guarda/Praza de Lugo, 6 en San Agustín, 5 en Ramón Cabanillas, 2 en Elviña e un Palavea). “Unha vez que a Xunta de goberno local aprobe este proceso, procederemos a facer públicas as bases do concurso no propio perfil do contratante da web municipal, e abriremos un período para que as persoas que así o desexen presenten os seus proxectos”, comentou o concelleiro Lema. “En menos de dous anos levamos xa dous concursos abertos coa fin de revitalizar os mercados coruñeses e dar novas oportunidades de emprendemento. Por contra, antes da chegada do actual executivo municipal, o último concurso deste tipo foi no ano 94”, comentou, á vez que explicou que entre os 23 postos que se ofertan “existen algúns que non foron adxudicados na anterior convocatoria, ademais doutros novos que non saíron a concurso”.

“Estamos ante unha nova mostra do compromiso deste goberno co impulso dos mercados municipais”, dixo Lema, quen recordou o proxecto recentemente presentado para a modernización e posta a punto de Santa Lucía, cun investimento de máis de 4 millóns de euros, ademais do proxecto para renovar o mercado e a praza de Monte Alto, e as actuacións que se están a desenvolver na contorna do mercado de San Agustín para favorecer a súa accesibilidade.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...