Home » coruna » Currently Reading:

A Concellería de Emprego convocará axudas para entidades que organicen actividades de dinamización do comercio de barrio

febrero 9, 2018 coruna No Comments

O Goberno local aprobará mañá, venres, na sesión ordinaria da Xunta de goberno local, as bases para a concesión de subvencións por 126.500 euros a entidades privadas sen ánimo de lucro que desenvolvan proxectos de mellora, modernización e dinamización do comercio do barrio da cidade. Estas axudas seguen a liña marcada pola Consellería de Emprego e Economía Social, que implementou nos últimos anos unha serie de medidas para mellorar a competitividade e visibilidade do pequeno comercio, como o programa Tendas a exame, os mercadiños urbanos, promocións como a de Samaín ou Nadal ou a iniciativa O noso comercio si que vale, cuxa primeira fase está en marcha ata o 21 de febreiro.

Nesta ocasión, as destinatarias das subvencións para este 2018 son asociacións de comercio –que poderán recibir até un máximo de 8.000 euros por entidade– e as federacións de comercio –para as que o orzamento límite establécese en 20.000 euros para cada unha– e serán concedidas a través dun proceso de concorrencia competitiva polo que as entidades deberán presentar unha memoria do proxecto ou proxectos a realizar. “Este sistema é moito máis igualitario, xa que valora os proxectos en si mesmos e evita que as subvencións se dean unicamente atendendo a criterios nominativos”, indica o concelleiro responsable de Economía Social, Alberto Lema. Os requisitos que se teñen en conta á hora de conceder as subvencións son, entre outros, o uso da lingua galega no desenvolvemento das accións de dinamización, o compromiso ambiental das actividades propostas e que estas sexan de carácter inclusivo, o número de comercios asociados á entidade solicitante ou a paridade na súa xunta directiva.

As bases estipulan que as axudas poden cubrir o 100% do proxecto ou actividade, que deberá levarse a cabo no presente ano. Só estarán excluídas da convocatoria as entidades que xa asinasen un convenio nominativo coa Concellaría de Emprego e Economía Social e que figure no anexo de transferencias do orzamento municipal do 2018. As axudas poden destinarse a gastos correntes, indirectos e de funcionamento da entidade necesarios para o desenvolvemento da actividade, sempre que a entidade acredite co correspondende xustificante que o desembolso está directamente relacionado coa actividade. Poderanse solicitar axudas para un máximo de tres proxectos nunha única solicitude.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...