Home » coruna » Currently Reading:

A Concellería de Emprego outorga subvencións a 16 entidades locais por valor de máis de 126.000 euros “para desenvolver proxectos que impulsen o comercio de barrio”

noviembre 5, 2017 coruna No Comments

A Concellería de Emprego e Economía Social vén de resolver a convocatoria destinada a entidades comerciais que desenvolvan proxectos de dinamización do comercio de barrio no presente exercicio. En total serán 16 as asociacións que recibirán axudas por valor de 126.500 euros para “levar a cabo iniciativas que modernicen e dinamicen o comercio de proximidade”, segundo sinala Alberto Lema. Tal e como destaca o responsable municipal, as propostas foron concedidas por medio dun proceso de concorrencia competitiva, tendo que presentar cada entidade solicitante unha memoria do ou dos proxectos a realizar. “Este tipo de procesos son moito máis igualitarios e evitan que as axudas se dean unicamente atendendo a criterios nominativo e non ao contido dos proxectos”, salienta o edil, ao lembrar que, nesta ocasión, cada entidade “tivo que presentar unha memoria en relación á propostaparadinamizarocomerciodebarrio”.

As subvencións, cuxa contías máximas para cada actividade son de 5.000 euros no caso asociacións de comercio, e de 20.000 para as federacións de comerciantes, son compatibles con outras convocatorias de axudas por parte de entidades públicas e privadas. Entre os requisitos que se tiveron en conta á hora de conceder as subvencións foron, entre outros, o uso da lingua galega no desenvolvemento das accións de dinamización, o compromiso ambiental das actividades propostas e que estas sexan de carácter inclusivo, o número de comercios asociados á entidade solicitante ou a paridade na súa xunta directiva.

As asociacións cuxa iniciativa foi valorada positivamente e, polo tanto, son beneficiaras das axudas, son as seguintes: Asociación Zona Comercial Obelisco –5.000 euros para a actividade Noite Branca –, Asociación Vecinos y Comerciantes Paternidad Sagrada Familia –2.502,88 euros para diferentes iniciativas–, Asociación de Comerciantes de Castrillón, Eirís y Monelos (ACOCEM) –5.000 euros para a Filloeira de Lestedo –, Asociación de Empresarios de A Grela –3.000 euros para Compra no barrio de A Grela –, Área Comercial As Conchiñas –5.000 euros para un obradoiro de cociña saudable –, Asociación Comerciantes Distrito Mallos –5.000 euros para o xornal Distrito Mallos- -, Agrupación de Vecinos y Comerciantes de Monte Alto –5.000 euros para o Gastronadal –, Asociación de Empresarios Distrito Picasso –5.000 euros para o Mercadillo do Nadal Picasso e as súas pombas –, Asociación Vecinos y Comerciantes La Falperra –5.000 euros para iniciativas enmarcadas baixo o nome E stímulo e dinamización do comercio no barrio –, Asociación Empresarios y Comerciantes de Matogrande –4.500 euros para Aquí cae Papa Noel –, Asociación de Comerciantes y Empresarios Boulevard Elviña, Asociación Comercial e Empresarial Ciudad Antigua (ACECA) –4.952,01 euros para as actividades culturais e gastronómicas Feira da Cervexa Artesá –, Asociación Profesional Gran Área Comercial Riazor –4.800 euros para Gastrotapas –, Asociación Comercial Oza –3.000 euros para Promoción compras Distrito Oza 2017 –, Federación Unión de Comercios Coruñesa (FUCC) –20.000 euros para o Comerciopoly — e a Federación de Entidades Empresariales del Comercio de la provincia de A Coruña –19.241,80 euros para a actividade O comercio tradicional pinta moito –.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...