Home » coruna » Currently Reading:

A Concellería de Igualdade impulsa actividades de sensibilización nos centros educativos en relación coas persoas que buscan refuxio

diciembre 19, 2017 coruna No Comments

A Concellería de Igualdade e Diversidade impulsa desde Refuxia, unha proposta educativa que ten, como obxectivo, “sensibilizar ao alumnado coruñés arredor da situación das persoas que buscan protección internacional”. A iniciativa, que se pon en marcha coa colaboración da ONG AIRE, propón unha actividade realizada a partir de material orixinal procedente do campo de persoas refuxiadas de Katsikas, en Grecia, e está composta por unha exposición de 20 fotografías orixinais tomadas no campo, acompañada dunha charla informativa dun membro da ONG, ademais de material didáctico para que o profesorado poida traballar a mostra e os seus contidos co alumnado. Tal e como sinala Rocío Fraga, responsable da área de Igualdade, a proposta “quere sensibilizar e promover espazos de reflexión sobre os procesos de migración forzosa e as condicións de vida e situación das persoas refuxiadas e solicitantes de asilo”. “A actividade preséntase como unha ferramenta educativa que permite achegar, dun xeito práctico, directo e significativo, a situación das persoas que están na procura de protección”, subliña a edil, que hoxe asistiu á charla-presentación no IES Monte das Moas da proposta, que tamén percorrerá os centros Rafael Puga Ramón, Monelos, Eusebio da Guarda, Rafael Dieste, Agra do Orzán, Ramón Menéndez Pidal e A Sardiñeira.

A mostra fotográfica itinerante do proxecto Refuxia componse dunha selección de 20 imaxes orixinais tomadas pola membro da asociación Participa Iris Durán e o fotógrafo refuxiado sirio Muhammad Ali no campo de Katsikas –no que colabora directamente a ONG– durante o mes de outubro de 2016, e está dividida en cinco bloques, en función da temática. Así, aborda cuestións como a migración forzosa, que abrangue temas como conflitos bélicos, crise humanitaria ou dereito ao refuxio; que é, por que se constrúe e onde están os campos de persoas refuxiadas arredor de todo o mundo; como é a rutina diaria nun destes espazos, tanto de nenas e nenos como de persoas adultas; que persoas habitan os mesmos, incluíndo autoridades, ong’s ou persoal local; e, por último, o bloque Maxia en todas partes , que achega propostas e solucións creativas á estancia nestes campos.

A exposición acompáñase dunha serie de materiais didácticos en función destes cinco eixos, como unha guía, ademais dun catálogo e de charlas que serán impartidas por membros de AIRE, na que se afondará na situación dos campos de refuxiados e outras relacionadas co eido da axuda humanitaria e o desenvolvemento de proxectos de cooperación.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...