Home » Fiestas » Currently Reading:

A Concellería de Medio Ambiente amplía a campaña de sensibilización ambiental en San Xoán a catro distribuidoras alimentarias da cidade, que substituirán as bolsas de plástico polas de papel na semana do San Xoán

junio 19, 2018 Fiestas No Comments

Catro das principais distribuidoras alimentarias da cidade substituirán durante esta semana previa á celebración do San Xoán as bolsas de plástico que se entregan coa compra por outras de papel, dentro da campaña de sensibilización sobre residuos que desenvolve a Concellería de Medio Ambiente. A edil responsable do departamento, María García, destacou que, con esta iniciativa, “substituiranse 177.550 bolsas de plástico por unhas ambientalmente máis sostibles, con material biodegradable, que se distribuirán en 75 centros de compra da cidade de Vegalsa, Gadisa, El Corte Ingles e Froiz, dúas máis que no pasado ano ”.

Como salienta a concelleira, esta liña de sensibilización realízase en vésperas de San Xoán “por ser un dos eventos con maior impacto ambiental da cidade, e que está sendo monitorizado dentro do Plan de Eventos Sostibles”. García sinala que a campaña pretende concienciar da problemática da xeración de lixo en xeral e plástico en particular pola problemática que xera nos océanos este material, e tamén sobre a necesidade de substituír por outro tipo de envase as bolsas dun só uso, como pautan as novas directivas europeas, e sensibilizar sobre a necesidade de reducir o lixo que se depositan nas praias, nomeadamente de plásticos, “por ser un tipo de residuo moi volátil, o que fai moi difícil garantir que non acaba no mar”. Neste sentido, a campaña “intenta fomentar nas persoas consumidoras o uso de alternativas menos contaminantes que as bolsas de plástico, como son as bolsas reutilizables ou biodegradables de cartón”.

García deu a coñecer os cinco modelos de bolsas diferentes que se repartirán e que están​vinculados á campaña de sensibilización ​Móllate! que realiza Medio Ambiente con estudantes de centros escolares da cidade. Por parte das empresas, participaron na presentación a responsable de RSC, Lorena Sánchez, e a técnica responsable de residuos de Vegalsa, Nerea Altaír; o director de comunicación e relacións externas de El Corte Inglés, Pati Blanco; e a directora de comunicación de Froiz, Brígida Nieto.

Comment on this Article:

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...