Home » coruna » Currently Reading:

A Concellería de Medio Ambiente presenta en Palavea o proxecto de recuperación ambiental e ​creación dunha senda no entorno do río Quintas

mayo 8, 2018 coruna No Comments

​A Concellería de Medio Ambiente organiza un encontro aberto o próximo venres para explicar á veciñanza de Palavea e Santa Gema o proxecto de acondicionamento e recuperación ambiental do río Quintas que porá en marcha o Goberno local e que incluirá traballos de limpeza do curso de auga e as súas marxes, así como a peonalización dunha senda na súa contorna. A xuntanza, na que participará a concelleira de Medio Ambiente, María García, terá lugar no centro cívico de Palavea ás 19.00 horas do venres 11 de maio.

O programa de recuperación ten previsto un investimento de 169.172 euros a cargo de fondos europeos EIDUS. O proxecto EIDUSCoruña está financiado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do eixo de desenvolvemento urbano do Programa Operativo Plurirrexional de España (antes POCS). A iniciativa suporá a recuperación do dominio público hidráulico nas marxes do curso e a limpeza integral do mesmo e das ribeiras. Ademais dos traballos de acondicionamento e mellora ambiental, que inclúen accións para a recuperación de vexetación e fauna autóctonas, o Goberno local ten proxectada a construción dunha senda que permita a mobilidade ao longo do río e que conectará Palavea e Santa Gema, así como a creación dunha zona de esparcemento.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...