Home » Uncategorised » Currently Reading:

A Concellería de Participación pon en marcha esta semana o programa de antenas de información xuvenil coa formación das 34 persoas seleccionadas

noviembre 14, 2017 Uncategorised No Comments

A Concellería de Participación e Innovación Democrática, a través do Centro Municipal de Información Xuvenil, inicia este vindeiro xoves, día 16, o programa de antenas de información xuvenil, que se abrirá coa realización dunha acción formativa destinada ás persoas mozas que foron seleccionadas como voluntarias e voluntarios deste programa. Neste curso as antenas recibirán formación sobre fundamentos e principios básicos da información xuvenil; procesos de información, orientación e asesoramento xuvenil, e ferramentas paraaxestióndainformación.

Para este curso foron seleccionadas 34 antenas (26 mozas e 8 mozos), que levarán a cabo o seu labor voluntario en 19 centros educativos da cidade da Coruña durante o curso escolar 2017/2018. Como recorda a concelleira desta área, Claudia Delso, o obxectivo deste programa de antenas é crear unha rede de difusión de información de interese xuvenil en centros educativos públicos, como son os de ensino secundario e FP, a Escola Oficial de Idiomas, Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso e o Conservatorio Profesional de Música, e nos centros concertados con ESO e Bacharelato da cidade.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...