Home » Ayuntamiento » Currently Reading:

A Concellería de Participación recibe 25 solicitudes de subvención para actividades e gastos xerais das entidades veciñais

mayo 26, 2018 Ayuntamiento No Comments

A Concellería de Participación e Innovación Democrática vén de pechar o prazo de recepción de solicitudes de subvención para apoiar o mantemento e as actividades das asociacións veciñais do municipio. A terceira convocatoria do programa ​Barrios en movemento!, ​ao que o Concello destina 40.000 euros, conta con dúas liñas de axuda destinadas, por unha banda, á posta en marcha de programas, proxectos ou actividades de interese cívico, social ou cultural que favorezan a participación cidadá e que teñan un carácter complementario respecto dos programas municipais, así como para cubrir gastos xerais de funcionamento das asociacións que non dispoñen dun local propio nin municipal en réxime de cesión gratuíta.

A concelleira Claudia Delso explica que este ano o número de solicitudes recibidas de entidades veciñais inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións Coruñesas (REMAC) é o mesmo que na pasada edición, 25, aínda que subliñou “o acceso a estas axudas, por vez primeira, de algunhas entidades veciñais que non participaron nas anteriores edicións”. “É importante que estas liñas de axuda contribúan a dinamizar o tecido asociativo veciñal, apoien ás asociacións recentemente constituídas e posibiliten que aquelas outras menos activas poidan reactivarse”, apunta a edil, quen salienta o incremento do número de tramitacións realizadas a través da sede electrónica municipal, feito que vinculou co recente convenio de colaboración asinado entre o Concello e a Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e a Área Metropolitana e que ten como obxectivo facilitar a información e a participación do tecido asociativo da cidade. “As entidades contaron nesta ocasión co acompañamento da Federación, que se comprometeu á prestación de apoio para á participación en programas municipais e de asesoramento para a realización de trámites administrativos, entre outras cuestións”, sinalou. Nas vindeiras datas, a área que dirixe Claudia Delso procederá a examinar as solicitudes recibidas e requirir a documentación necesaria para, posteriormente, convocar á comisión de valoración e ditar a resolución provisional.

Para máis información sobre estas e outras liñas de traballo da Concellería, pódese consultar o web municipal ​www.coruna.gal/participacion

Comment on this Article:

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...