Home » coruna » Currently Reading:

A Concellería de Participación saca a licitación os contratos que ampliarán os contidos do Laboratorio Cidadán da Coruña

junio 3, 2017 coruna No Comments

A Concellería de Participación e Innovación Democrática , área que dirixe Claudia Delso, vén de abrir a convocatoria para a realización de proxectos de innovación social dentro do programa Laboratorio de Innovación Cidadá da Coruña, o CoLab, o espazo dirixido a deseñar e poñer en marcha mecanismos de produción de coñecemento colaborativos, abertos e reutilizables. A convocatoria ten como obxectivo a potenciación da investigación e o desenvolvemento de seis proxectos de participación e innovación social con impacto na cidade da Coruña, na súa área metropolitana ou, de ser o caso, en Galicia, que teñan por misión mellorar a calidade de vida das persoas abordando retos que permitan avanzar cara unha sociedade máis igualitaria. Con esta finalidade, o Concello destinará un total de 60.000 euros para un máximo de 6 proxectos, repartindo equitativamente un importe máximo de 10.000 euros entre cada unha das propostas que sexan finalmente seleccionadas. As propostas que presenten as persoas ou entidades que opten a esta convocatoria poderán ser un proxecto completo ou unha fase dunha iniciativa sobre a que xa se está a traballar, pero que, en ambos os dous casos, se deberán desenvolver neste ano 2017. Entre os requirimentos para que sexan admitidas, as propostas deberán ser interdisciplinares, que teñan ao seu redor comunidades de aprendizaxe e que compartan e publiquen en código aberto tanto o proceso como os resultados do mesmo. O prazo para a presentación de candidaturas será de 10 día hábiles desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria na web www.coruna.gal/participacion e no perfil de contratante do Concello.

A Concellería tamén abrirá unha convocatoria específica para un servizo de mediación –tamén dispoñibles na web municipal– que terá como principal función acompañar, vincular e mediar entre proxectos de participación e innovación social do Concello, outras organizacións, empresas, colectivos e persoas individuais da cidade, así como garantir un acompañamento as propostas que resulten gañadoras da convocatoria para desenvolver e realizar proxectos de participación e innovación social no marco do CoLab. Nesta convocatoria tamén serán seis os contratos, aos que o Concello destinará 21.750 euros –3.625 euros para cada unha das persoas mediadoras– para a realización da totalidade de cada unha das súas funcións desde o momento da adxudicación até o final deste ano 2017. Así, a cada persoa mediadora se lle atribuirá un proxecto para acompañar, visibilizar, facer seguimento, axudar nas actividades e no seu correcto desenvolvemento en todas as súas fases. Cada unha tamén deberá realizar conexións entre estes e outros proxectos municipais ou da cidade, difundir o programa CoLab ou así como promover a diversidade na participación das actividades do Laboratorio, entre outras funcións.

Ademais destas dúas convocatorias, o Goberno local tamén licitará a coordinación do programa –13.000 euros–, o con todos os proxectos que se desenvolverán así como todas as actividades complementarias que se organicen desde o mesmo; e a comunicación do ColLab así como a creación e actualización de contidos para a web da iniciativa municipal, http://colab.coruna.gal , e a forxa, http://github.com/forxacolab . O orzamento para este contrato será de 15.000 euros.

Co obxectivo de resolver as dúbidas que poidan xurdir sobre as especificacións e requirimentos de cada un dos contratos a raíz da publicación desta convocatoria, a Concellería organizará unha reunión informativa o próximo xoves 8, ás 19.00 horas, no centro cívico municipal da Cidade Vella.

Apoio á coordinación da ára de Mocidade

Por outra banda, a Concellería de Participación tamén abre hoxe unha convocatoria para a selección dunha persoa física ou xurídica que desenvolva o servizo de apoio á coordinación dos proxectos, actividades e iniciativas destinadas á mocidade. Entre as súas funcións, a adxudicataria deberá apoiar a elaboración e desenvolvemento de propostas, actividades e

 

Nota de Prensa iniciativas destinada á mocidade; ou elaborar mapas e bases de datos sobre asociacións,

colectivos xuvenís ou recursos para a xuventude.

Entre os requirimentos necesarios para optar a este contrato menor, cuxo prazo abrangue desde a adxudicación do mesmo até o fin de 2017, están contar con experiencia en dirección e coordinación de proxectos e equipos, experiencia en traballo con xente moza e de traballo en equipo; manexo de ferramentas dixitais de comunicación, documentación e traballo colaborativo, e coñecemento da cidade da Coruña, do tecido de iniciativas cidadás e organizacións da mesma, en particular, no eido da mocidade. O prazo de presentación de candidaturas será de 10 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria na web www.corunal.gal/participacion e no perfil do contratante do Concello da Coruña.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...