Home » Uncategorised » Currently Reading:

A Concellería de Partipación organiza ‘Sinte o flow’, a segunda edición do festival “de intercambio e achegamento á cultura urbana” que se celebra no parque de Santa Margarita

junio 12, 2018 Uncategorised No Comments

A concelleira de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso, presentou a segunda edición do festival ​Cultura Urbana: sinte o flow,unha xornada dirixida á mocidade con obradoiros, mostras e exhibicións de diferentes disciplinas artísticas e deportivas da cultura urbana tamén abertas para a veciñanza de todas as idades que queira participar. A edil explicou que o obxectivo do festival é “facilitar a participación activa en experiencias de educación non formal, vencelladas á cultura urbana, que favorezan a convivencia e a inclusión social”. A xornada, que organiza a área de Mocidade en colaboración coa asociación cultural Vella Escola, celebrarase o 29 de xuño, entre as 12.00 e as 00.00 horas, no parque de Santa Margarita.

“O festival trata de ser un espazo de intercambio e de achegamento á cultura urbana para a cidade os barrios e tamén para calquera persoa que teña curiosidade en coñecer a multiplicidade de disciplinas que abrangue a cultura urbana”, indicou Delso, quen tamén incidiu que se trata dunha xornada “para observar e para participar de experiencias de cultura e educación non formal”. Pola súa banda, o presidente de Vella Escola, Pablo Castiñeiras, explicou que o festival, que engloba moitas actividades e formatos dirixidas á persoas con diferentes niveis de experiencia ou que senten curiosidade pola cultura urbana, é “un espazo aberto no que estamos facendo un esforzo para que sexa interxeracional e inclusivo, no que a cultura urbana non se identifique unicamente co xénero masculino”. “Cremos que é moi importante dar este apoio á cultura urbana, xa que non hai federacións ou clubs que desenvolvan unha programación permanente, que polo menos teñamos un espazo para visualizar que hai mocidade que quere facer cousas que non son as tradicionais”, indicou Castiñeiras.

Como explicou Delso, o programa da xornada organiza talleres durante a mañá, que irán deixando paso ás exhibicións segundo avance a tarde. O festival, que rematará cun concerto, inclúe unha sesión de danzas urbanas, con campionatos de estilos coma o hip hop​, ​breakdance​, ​funky​, ​poppinou ​boogaloo ​por parellas, denominada ​All styles battle 2vs2​, que terá lugar entre as 18.00 e as 21.00 horas, ademais dun obradoiro de ​breakdance​, con niveis de iniciación e perfeccionamento. Haberá tamén un espazo de ​skatepark​, con diferentes módulos conformado por ramplas, caixóns e raís, aberto para a mocidade que practique esta disciplina e no que tamén terá lugar un obradoiro (12.00). O festival contará tamén cun espazo para a práctica de ​parkour​, que terá unha estrutura estable e segura, conformada por diferentes módulos de madeira conectados entre si e unha área para a iniciación a este deporte urbano, do que tamén está previsto un taller (12.00) para persoas principiantes e tamén de perfeccionamento.

No referente á música, a programación inclúe un obradoiro de ​turntablism​, ás 13.00 horas, unha disciplina practicada por ​dj ​de hip hop que consiste en mover un disco de vinilo cara adiante e cara atrás sobre o prato do tocadiscos para crear un efecto parecido ao de raiar o disco (​scratch​) construíndo diferentes ritmos e que agora se trasladará aos mozos e mozas da cidade neste taller práctico e participativo. No obradoiro de ​beatbox ​(17.00) ensinarase á mocidade como crear música, xa sexan ritmos ou melodías, efectos ou letras de forma simultánea só cos recursos corporais, principalmente coa boca.

Nas mostras e exhibicións de cultura urbana, que están abertas a público de todas as idades, poderase ver a realización dunha pintura mural con graffiti (de 12.00 a 16.00 horas), o espectáculo de ​breakdance Back to the roots show (21.00) e unha mostra de ​flat land​, ás 16.00 horas, na que se realizan movementos acrobáticos extremos cunha bicicleta de BMX.

Comment on this Article:

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...