Home » coruna » Currently Reading:

A Concellería de Rexeneración Urbana tramitou entre o 18 e o 30 de outubro un total de 113 expedientes de obras e 48 de inicio de actividade

noviembre 4, 2017 coruna No Comments

O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, trasladou este venres á Xunta de Goberno local ordinaria o informe relativo ás licenzas e outros títulos habilitantes tramitados desde a súa área entre o 18 e o 30 de outubro, período no que este departamento resolveu un total de 161 expedientes. Deles, 58 corresponden a licenzas urbanísticas e outros 55, a comunicacións previas ao inicio de obras tramitadas. Os 48 expedientes restantes son comunicacións previas ao inicio de actividades ou apertura de establecementos. Como recorda o concelleiro, esta información é trasladada á Xunta de Goberno de forma periódica atendendo ao compromiso adquirido polo equipo de Goberno tras a entrada en vigor, o pasado mes de abril, da delegación no titular de Rexeneración Urbana da resolución das solicitudes de licenza cuxo orzamento de execución material sexa inferior a 1,2 millóns de euros, “edentrodaapostapolatransparencianaxestión”.

Como fai notar Varela, os grupos da oposición no Concello contan, logo da remisión do informe á Xunta de Goberno, co informe dos títulos habilitantes tramitados neste período de tempo, así como a información detallada da resolución de cada un dos expedientes.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...