Home » Uncategorised » Currently Reading:

A Concellería de Rexeneración Urbana tramitou entre o 26 de xullo e o 8 de agosto un total de 87 expedientes de obras e 57 de inicio de actividade

agosto 12, 2017 Uncategorised No Comments

O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, trasladou este venres á Xunta de Goberno local ordinaria o informe relativo ás licenzas e outros títulos habilitantes tramitados desde a súa área entre o 26 de xullo e o pasado martes, 8 de agosto, un período no que este departamento resolveu un total de 144 expedientes. Deles, 9 corresponden a licenzas urbanísticas e outros 78, a comunicacións previas ao inicio de obras tramitadas. Os 57 expedientes restantes son comunicacións previas ao inicio de actividades ou apertura de establecementos. Como recorda o concelleiro, esta información é trasladada á Xunta de Goberno de forma periódica atendendo ao compromiso adquirido polo equipo de Goberno tras a entrada en vigor, o pasado mes de abril, da delegación no titular de Rexeneración Urbana da resolución das solicitudes de licenza cuxo orzamento de execución material sexa inferior a 1,2 millóns de euros, “e dentro da aposta pola transparencia na xestión”.

Como fai notar Varela, os grupos da oposición no Concello contan, logo da remisión do informe á Xunta de Goberno, co informe dos títulos habilitantes tramitados neste período de tempo, así como a información detallada da resolución de cada un dos expedientes.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...