Home » coruna » Currently Reading:

A Concellería de Xustiza Social abre o prazo para inscribirse nas actividades do programa de ocio saudable, “unha alternativa de lecer construtivo para a mocidade”

junio 17, 2018 coruna No Comments

​A Concellería de Xustiza Social e Coidados pon en marcha unha nova edición do programa de promoción do lecer saudable para a mocidade nos centros cívicos da cidade. A oferta de actividades, que se vai desenvolver nos meses de xullo e agosto, está dirixida para mozos e mozas de entre 12 e 30 anos. “O obxectivo do programa é ofrecer aos e ás máis novas unha alternativa de lecer construtivo, no que se fomenten hábitos saudables e se preveñan condutas aditivas”, indica a responsable do departamento, Silvia Cameán, quen destaca a boa acollida da iniciativa, na que participaron 1.517 persoas o pasado ano.

A iniciativa, que se enmarca no programa municipal de prevención de drogodependencias e está cofinanciada pola ​Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas​, contempla a realización de actividades deportivas, ambientais, artísticas, audiovisuais ou formativas divididas por grupos de idade. Así, para a mocidade entre 12 e 13 anos (segundo a actividade) e ata os 17 anos organízanse cursos de surf, paddle surf, cociña básica de supervivencia, obradoiros de rap, skateboard (13 a 20 anos), aerobic latino, voleibol praia, baile moderno, debuxo e ilustración dixital, astronomía, robótica ou radio, entre outros. A xente nova entre 18 e 30 anos poderá participar en xornadas multiaventura, cociña, paddle surf, elaboración de complementos de coiro, iniciación ao monólogo e ao contaconto, astronomía e taller de radio.

As actividades son gratuítas, pero as prazas son limitadas, polo que é preciso inscribirse entre os días 25 e 27 de xuño, en horario de 11.00 a 13.00 e de 17:30 a 19:30 horas, nos centros cívicos nos que se leva a cabo cada unha das accións. A información sobre os cursos pode consultarse nos centros cívicos municipais e nas páxinas web ​www.serviciossociales.coruna.es ouwww.sindrogas.coruna.es

Comment on this Article:

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...