Home » coruna » Currently Reading:

A convocatoria para solicitar unha parcela nas ecohortas urbanas recibe 133 peticións nas dúas primeiras semanas

marzo 3, 2018 coruna No Comments

Un total de 133 persoas solicitaron a concesión dunha parcela nas ecohortas urbanas situadas nos barrios de Novo Mesoiro, Agra do Orzán e Eirís dende a apertura do prazo, o pasado 16 de febreiro. Todas as veciñas e veciños interesados, así como entidades sociais, teñen ata o día 12 de marzo para facer a súa petición.

Estas tres novas áreas de hortas urbanas, que o Concello comezou a preparar no setembro pasado e que non están suxeitas ao pago de ninguna taxa, contan cun total de 217 parcelas, das cales hai porcentaxes reservadas para persoas xubiladas ou maiores de 65 anos, veciños e veciñas receptoras da Renda Social Municipal ou da Renda de Inclusión Social e para asociacións sen ánimo de lucro, de carácter social, pedagóxico, terapéutico ou ambiental, así como centros públicos de ensino dos distritos ou de distritos colindantes. As hortas contan ademais con accesos adaptados para persoas con diversidade funcional.

Para poder solicitar un destes espazos é preciso ser maior de idade e estar inscrito no padrón municipal cunha antigüidade mínima de seis meses -excepto para vítimas de violencia machista que cambien de domicilio, persoas emigrantes retornadas ou refuxiadas, que non precisan cumprir este requisito- e non ter débedas co Concello. As bases poden consultarse na páxina web www.coruna.gal/medioambiente

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...