Home » Exposición » Currently Reading:

A Coruña acolle sete das exposicións do festival ‘Outono Fotográfico’, que celebra a súa XXXV edición baixo o título ‘Descrenzas’

noviembre 8, 2017 Exposición No Comments

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento deu a coñecer os equipamentos municipais que, durante os meses de novembro e decembro, acollerán sete das exposicións de Outono Fotográfico, o festival decano do sector na península ibérica. Tal e como lembrou o edil José Manuel Sande, a cidade da Coruña participará de novo, “no encontro, a grande escala, da imaxe en Galicia”, e que “propicia o coñecemento da obra dun amplo conxunto de creadoras e creadores de todo o mundo”. O festival, que celebra este ano a súa XXXV edición baixo o título Descrenzas, conta nesta ocasión con 85 exposicións do traballo de 280 autoras e autores que se mostrarán en 22 cidades diferentes de Galicia e Portugal. A este respecto, o responsable da mostra, Xosé Luis Vázquez, que acompañou ao concelleiro na presentación, salientou precisamente “o percorrido internacional do encontro, que se reflicte no volumedetraballosrecibidoscomonoseucoñecementofóradoEstado”.

O municipio coruñés acollerá, até o 31 de decembro, un total de sete exposicións en cinco espazos públicos, co obxectivo de diversificar e expandir a proposta artística do Outono Fotográfico por toda a cidade. Neste mes de novembro e até o día 29, na Casa Museo Casares Quiroga, poderá visitarse a mostra colectiva Falando en Prata VII –inaugurada o pasado venres polo concelleiro de Culturas–, “que recupera a fotografía química e propón imaxes de laboratorio”,segundo sinalou Vázquez, e na Casa Museo María Pita Nocturna , de Alexandre Cortinhas, “unha obra que presenta moito interese antropolóxico, xa que retrata a diferentes persoas no seu hábitat natural”.

Pola súa banda, as bibliotecas do Ágora, Castrillón e Os Rosais exhibirán senllas mostras até o día 30 de novembro. Na primeira delas estará María , de Manolo e Pat ‘Celta’, “unha homenaxe en imaxes á súa nai”, sinalou Vázquez; mentres que no Castrilllón exhibirase o traballo A mente en branco do fotógrafo ourensán Plácido L. Rodríguez. Por último, nos Rosales, o público poderá visitar o ensaio Viacrucis de Blas González.

Xa mes de decembro, as casas museo acollerán as dúas novas exposicións coas que se pechará a programación deste 2017 nestes espazos. A Casa Museo María Pita mostrará a obra Á la première étincelle, c’était l’explosion , de Laura Ben Hayoun –que forma parte da sección oficial do festival–, mentres que a Casa Museo Casares Quiroga será a sede de Drifting to silence , da arquitecta brasileira Mariana Guardani.

Para máis información sobre a programación e actividades do XXXV Outono Fotográfico , pódese visitar a páxina web www.outonofotografico.com

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...