Home » coruna » Currently Reading:

A Coruña acollerá o ano que vén, por vez primeira, a Feira Internacional de Produtos Ecolóxicos e Consumo Responsable ‘BioCultura’

noviembre 11, 2017 coruna No Comments

A cidade da Coruña acollerá no mes de marzo de 2018 a celebración de BioCultura, a Feira Internacional de Produtos Ecolóxicos e Consumo Responsable. Así o fixo saber esta tarde a concelleira de Medio Ambiente, María García, que participou en Madrid na xornada inaugural da 33a edición desta cita, da que salientou que “é, sen dúbida, a feira máis importante do sector ambiental e de agricultura ecolóxica no Estado, cunha traxectoria contrastada. No encontro, tal e como indica García, participan numerosas iniciativas empresariais dun ámbito que abrangue propostas que van desde a bioconstrución até as enerxías renovables, a agricultura ecolóxica ou mesmo a cosmética natural, “parte desa economía alternativa que trata de ser consciente coas persoas e a súa contorna, e que ten presente nos seus procesos de produción valores e criterios tanto sociais como ambientais”, explica a edil. “Estamos a falar de empresas cun valor engadido. Ademais da diversidade, creatividade ou innovación que poden achegar á sociedade a través da súa produción, contribúen a mellorar e respectar o medio ambiente”,afirmaaresponsablemunicipal.

A edil avanzou que esta iniciativa, que se celebrará por vez primeira na Coruña do 2 ao 4 de marzo en Expocoruña –e que manterá o evento na súa sede habitual, Madrid–, encaixa tanto na aposta que se fai desde a área de Turismo pola captación de grandes eventos na cidade, como na liña que está a desenvolver a propia concellería de Emprego e Economía Social de fomento e impulso do sector e da economía verde, “e que está a facilitar o coñecemento e visibilizar aquelas propostas empresariais e innovadoras que teñen presentes criterios sociais e ambientais no seu desenvolvemento –explicou García–, como demostra, por exemplo, a posta en marcha do Mercado Ecolóxico e de Proximidade que se celebra no Campo da Leña, a promoción de produtos de proximidade nos mercados municipais, o apoio a iniciativas de emprendemento como o Greenweekend ou a primeira edición da Feira de Economía Social”. “O apoio e difusión destas propostas amplía o espectro da liña na que está traballar, este Concello, tamén desde a propia administración, como é a inclusión de de cláusulas sociais e ambientais na contratación pública”, aseverou.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...