Home » coruna » Currently Reading:

A Coruña consolida a súa aposta como “destino idóneo para eventos profesionais” coa celebración do Congreso Estatal de Nefroloxía, que atraerá a máis de 1.500 persoas á cidade

octubre 10, 2017 coruna No Comments

A Coruña vén de ser escollida como a sede do Congreso Estatal de Nefroloxía, cita con máis de 1.500 profesionais do sector e que se celebrará en outubro de 2019 na cidade. O concelleiro de Emprego e responsable de Turismo da Coruña, Alberto Lema, valora positivamente o anuncio, e sinala que esta medida “pon de manifesto a ampla capacidade da Coruña para acoller congresos profesionais”, á vez que “referenda a aposta do goberno local por afondar nesta vertente de promoción da cidade, de cara a proxección exterior do municipio”. “O Plan Estratéxico de Turismo da Coruña dá conta, entre outros aspectos, das boas condicións dos equipamentos do municipio que facilitan a organización de eventos, polo que o goberno local asume que debe potenciar a capacidade de atracción da cidade como sede de eventos profesionais”, expresa Lema. “A celebración deste Congreso é a confirmación do valor e capacidade da Coruña para afrontar este tipo de retos, á vez que sitúa á localidade no lugar que merece”, sinala o edil, quen lembra que a cita “terá lugar na tempada baixa, polo que o sector hostaleiro e de hospedaxe tamén se beneficiará dun evento que reunirá a máis de 1.500 persoas, detodooEstado,nacidade”.

Ademais deste congreso, A Coruña acollerá tanto o ano que vén como no 2019 novas citas profesionais. Así, en 2018, celebrarase o Congreso Nacional Equipos Terapia Intravenosa –300 persoas–, o Congreso Nacional de Reumatoloxía –1.500 persoas– e o Congreso Nacional de Avogacía Nova –600 persoas–. De cara ao ano 2019, a cidade tamén será a sede das Xornadas de Aprendizaxe e Ensinanda das Matemáticas –800 persoas– e o Congreso da European Signal Procesing Conference, EUPSICO –500 persoas–.

“Creo que a promoción que estamos a facer da Coruña como cidade tranquila, verde, ligada ao mar, e profundamente ilustrada é fundamental para explicar que a estas alturas de 2017 contemos xa con numerosos eventos de carácter estatal reservados para os dous próximos anos”, dixo o presidente do Consorcio de Turismo.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...