Home » Uncategorised » Currently Reading:

A Coruña, xunto a outras cidades do Estado, denunciará no Congreso o incumprimento do goberno central en relación a acollida de persoas que buscan refuxio

septiembre 25, 2017 Uncategorised No Comments

A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, xunto a representantes de 16 municipios de todo o Estado, levará o próximo martes 26 ao Congreso dos Deputados a denuncia polo incumprimento do goberno central de acoller a 17.337 persoas que buscan refuxio e que aínda se atopan en Grecia e Italia, e nos campos de Turquía e Líbano. O prazo do compromiso, adquirido polo conxunto dos estados membro da Unión Europea no ano 2015 ante a crise de persoas refuxiadas que proviñan de Siria, finaliza o propio martes 26.

A responsable de Igualdade e Diversidade do Concello da Coruña, xunto as e os representantes municipais de Barcelona, Badalona, Cádiz, Córdoba, Girona, Granada, Las Palmas de Gran Canaria, Madrid, Palma de Mallorca, Santa Coloma de Gramenet, Sabadell, Sant Boi de Llobregat, El Prat de Llobregat, Tarragona, Valencia e Zaragoza serán recibidas e recibidos na Sala Sert do Congreso dos Deputados polas voceiras e voceiros dos partidos políticos presentes no parlamento. No encontro, os municipios tamén expoñerán os impactos que o sistema estatal de asilo ten sobre os servizos municipais, e compartirán diferentes iniciativas para atender as persoas que buscan refuxio que non están a ser atendidas polo programa estatal de acollida. O obxectivo da reunión, segundo expón Rocío Fraga, é que os grupos do Congreso coñezan a realidade do refuxio nas diferentes cidades do Estado e que promovan iniciativas conxuntas para esixir ao goberno central que cumpra nas súas obrigacións para garantir unha acollida digna ás persoas que procuran refuxio.

O pasado mes de xuño, unha vintena de cidades de todo o Estado atopáronse en Barcelona para analizar o papel capital dos municipios na acollida efectiva de persoas, a pesares de que se trata dunha competencia estatal. Naquel encontro, os municipios asinaron a Declaración de Barcelona sobre As Cidades ante a realidade do Refuxio no Estado Español, na que manifestaron as dificultades de xestionar un fenómeno sen recursos suficientes e cunha falta de coordinación e de información evidente por parte do goberno central. Esta declaración foi levada a Pleno, a través dunha moción, nos municipios asinantes.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...