Home » coruna » Currently Reading:

A Deputación cede á Fundación Wenceslao Fernández Flórez un busto e caricaturas do escritor realizadas polo artista Siro López

junio 9, 2018 coruna No Comments

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e presidente da Fundación Wenceslao Fernández, José Luis Castro de Paz, participaron na sede da entidade en Cambre no acto de cesión a esta entidade dun busto e debuxos e caricaturas do escritor e xornalista coruñés realizados polo artista Siro López, que tamén estivo presente no acto.

Segundo explicou o propio Siro López, o busto corresponde á maqueta orixinal, baseada nas súas caricaturas, que o escultor Manuel Ferreiro Badía-  tamén presente no acto- utilizou para deseñar a  efixie do autor de “El bosque animado” que se atopa na praza do Humor da cidade da Coruña .

“Cando deseñei a praza do humor tiña claro que debían estar alí Castelao, Álvaro Cunqueiro, Julio Camba e Wenceslao Fernández Flórez”, afirmou Siro, que gabou o particular “humorismo literario” do escritor e reivindicou a súa traxectoria literaria e biográfica, que centrará a temática do seu próximo libro.

Pola súa banda, o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou o “amplo coñecemento” que da figura de Wenceslao Fernández Flórez e outros persoeiros clave da historia e a cultura galega atesoura Siro López, a quen agradeceu o seu “traballo creativo  que contribuirá dende esta Casa-Museo a preservar e difundir o importante legado do autor”.

O presidente da Fundación WFF, José Luis Castro de Paz, agradeceu a cesión por parte da Deputación nun día “moi especial” para a entidade, pois cúmprense dezasete anos da súa fundación.

Comment on this Article: