Home » Conciertos » Currently Reading:

A Deputación da Coruña analiza o presente e o futuro das artes escénicas galegas coa xornada “A escena galega no palco do Colón”

junio 6, 2018 Conciertos No Comments

Máis de vinte profesionais e persoas creadoras das diferentes disciplinas escénicas participan na xornada “As artes escénicas na Galicia do século XXI”, organizada pola área de Cultura da Deputación da Coruña e coordinadas pola directora Cristina Domínguez.

O Teatro Colón da Coruña é o escenario escollido pola área de Cultura da Deputación da Coruña para levar a cabo o vindeiro 9 de xuño a xornada “A escena galega no palco do Colón: Os procesos de creación nas artes escénicas na Galicia do século XXI”. A xornada, coordinada pola profesora e directora de teatro, Cristina Domínguez, contará coa participación de profesionais e persoas creadoras das diferentes disciplinas escénicas,  analizarase o momento no que se atopa o sector dende a perspectiva da creación. Carlos Neira, Daniel Salgado, Carlos Sante, Baltasar Patiño, Areta Bolado, Xulio Lago, Patricia Lorenzo, Olga Cameselle, Tatán, Laura Iturralde ,Afonso Becerra, Esther Carrodeguas, Tito Asorei, Gena Baamonde, Quico Cadaval ou Ruth Balbís participan nun encontro que contará tamén coa presentación dos traballos máis recentes de Elefante Elegante, Caramuxo, Prácido Domingo e Manicómicos.

Estruturada en dous eixos, a xornada botará a andar cun primeiro bloque dedicado á reflexión e o intercambio de coñecemento entre profesionais da dirección, da interpretación, da coreografía, e outras disciplinas do mundo a creación escénica, ao fin de botar luz sobre as diferentes situacións polas que atravesa o eido escenográfico galego e os seus procesos de creación.

Deste xeito, e após do acto de presentación da xornada, que correrá a cargo da vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, o Teatro Colón converterase nun espazo de debate e análise da realidade das artes escénicas en Galicia coa celebración de diversas mesas redondas e entrevistas,  que radiografarán o momento en que se atopan o mundo do teatro, a danza ou as artes visuais, entre outros.

Goretti Sanmartín destacou, neste sentido “a importancia da xornada á hora de facer unha diagnose do estado das artes escénicas a través de representantes do sector”. Destacou tamén que a iniciativa “será unha oportunidade de grande relevancia polas persoas convidadas e pola pluralidade de propostas que se darán cita, xuntando persoas de distintas xeracións, estéticas e disciplinas”.

A directora Cristina Domínguez destacou que a xornada abrirá un “espazo de reflexión e encontro” que ten como obxectivo xuntar “profesionais da escena e falar de nós como creadores e creadoras buscando a interdisciplinaridade e incorporando distintas xeracións que ás veces non nos vemos as caras”.

Así, o primeiro dos eventos programados será a conversa “Os procesos creativos na ensinanza das artes escénicas”, unha charla en que os directores Carlos Neira, Daniel Salgado e Carlos Santepartillarán baixo a moderación da tamén directora de escena, Irene Moreira, sobre as metodoloxías de aprendizaxe e a situación do centros de ensino do mundo da escenografía.

De seguido, o iluminador e deseñador de espazos escénicos, Baltasar Patiño, e a escenógrafa, Laura Iturralde, serán entrevistados polo dramaturgo, Afonso Becerra, quen se encargará de dirixir o diálogo “A creación de espazos sonoros e visuais como ferramenta dramatúrxica” en que se afondará sobre o carácter fundamental da linguaxe visual na posta en escena.

En terceiro lugar, a actriz Areta Bolado, e o director Xulio Lago, manterán unha conversa sobre as diferentes “Narrativas escénicas”, en que confrontarán dúas formas de comprender a contrucción do relato escénico contemporáneo.

Xa en horario de tarde, unha mesa redonda integrada por persoas profesionais da interpretación abordarán a función creativa que deben desenvolver os actores e actrices nos procesos de creación escénica. Unha cuestión que se atopa en continúo cuestionamento e redefinición na actualidade, e que será a grande protagonista da conversa que manterán a actriz, Patricia Lorenzo, o titiriteiro, Eduardo Alberto Rodríguez ‘Tatan’, a coreógrafa e actriz, Olga Comesellee o actor, Pablo Reboleiro, coa moderación da dramaturga, Esther Carrodeguas.

Como peche deste bloque inicial de debate, as persoas profesionais da dramaturxías, Tito Asorei, Gena Baamonde,Quico Cadavale Ruth Balbís,conversarán sobre os diferentes xeitos de tecer a estrutura dramatúrxica dunha peza e se está debe partir dos materiais textuais, do deseño do movemento escenicó, ou da mestura de mabas formas.

Un espazo de exhibición

Tras analizar e compartir as experiencias dos creadores/as das diferentes disciplinas escenográficas, o segundo segmento da xornada “A escena galega no palco do Colón” deixará paso a un espazo de exhibición en que catro compañías teatrais presentarán o público un adianto dos seus derradeiros espectáculos en espazos non convencionais –para a interpretación- do Teatro Colón.

Nomeadamente, as compañías de teatro Elefante Elegante, Caramuxo Teatro, Prácido Domingo e a Asociación cultural Manicómicosexhibirán os seus traballos máis recentes.

Máis información e inscrición na xornada na seguinte ligazón: http://aculturaeundereito.gal/Inicio.php

Comment on this Article:

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...