Home » Uncategorised » Currently Reading:

A Deputación da Coruña apoia as entidades de servizos sociais con máis dous millóns de euros

marzo 13, 2018 Uncategorised No Comments

Un total de 2.100.000 € é o orzamento das tres convocatorias que a área de Servizos Sociais vén de publicar con destino ás entidades que traballan no sector. Apoio ao mantemento, desenvolvemento de programas e actividades,e iinvestimentos son os obxectos das tres liñas de axuda en concorrencia competitiva.

A Deputación da Coruña vén de aprobar tres novas liñas de axuda coas que apoia as entidades sen fins de lucro, co obxecto contribuir o mantemento e desenvolvemento de actividades durante o ano 2018, así como para financiar a adquisición de equipamento por parte das asociacións.

Cun orzamento de 1.000.000 euros, a primeira das convocatorias aprobadas pola Xunta de Goberno da administración provincial o pasado 2 de marzo, ten por obxectivo contribuír ao desenvolvemento de programas no eido dos servizos sociais por parte de entidades sen fins de lucro que traballen nas áreas de Familia, Infancia e Mocidade, Persoas Maiores, Diversidade Funcional, Drogodependencia, Minorías Étnicas e Inmigración ou colectivos en Risco de Exclusión.

Estas entidades poderán optar a unhas axudas de entre 1.000 e 60.000 euros para abordar tarefas de mantemento nos centros, desenvolver servizos estables, ou artellar actividades e programas durante o presente ano.

Por outra parte, a Deputación da Coruña tamén aprobou un orzamento de 500.000 euros para que as entidades de iniciativa social implementen programas de carácter preventivo, formativo ou divulgativo, dirixidos a colectivos de persoas cunha enfermidade, seus familiares e a poboación en xeral. Nesta caso, seran subvencionables a organización de charlas, programas formativos, seminarios ou campañas de sensibilización. Ademais, daqueles vencellados as terapias de rehabilitación, o apoio psicolóxico ou o asesoramento en noutras materias relacionadas cos servizos sociais. Neste caso, as entidades poderán acceder a unas subvencións de entre 1.000 e 40.000 euros.

Finalmente, a administración provincial tamén ven de consignar unha liña de axudas 600.000 euros destinada a adquisición de equipamento, contrucción, ampliación ou reforma dos inmobles nos que prestan os seus servizos as entidades sen fins de lucro, podendo acceder a nha contía máxima de 60.000 euros para tales finalidades.

“A área de Servizos Sociais da Deputación quere a través destas convocatorias apoiar o traballo das entidades que están a desenvolver un papel importantísimo na área de servizos sociais e facémolo cunha liña de axudas en concorrencia competitiva, con criterios obxectivos, para que as achegas nunha área tan sensíbel e necesária coma esta sigan uns criterios claros e transparentes”, explica a deputada da área, Ánxela Franco.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...