Home » coruna » Currently Reading:

A Deputación da Coruña bota a andar o programa O galego, a miña lingua propia

mayo 8, 2018 coruna No Comments

A área de Normalización Lingüística, que dirixe a tamén vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, bota a andar o seu novo programa de dinamización e promoción lingüística destinado á mocidade.  O galego, a miña lingua propiaé o título da  iniciativa que percorrerá até 43 concellos da provincia e que bota a andar este luns día 7 no IES Poeta Francisco Añon de Outes.

Promocionar o uso da lingua galega entre a poboación adolescente e aportarlle referentes cos que valorizar e dignificar o uso da lingua galega, estos son os dous obxectivos principais da nova campaña artellada pola Deputación da Coruña para reafirmar o uso do galego entre a mocidade.

A responsábel da área de Lingua da Deputación, Goretti Sanmartín subliñou a importancia que ten “amosarlle ás rapazas e rapaces o grande valor e prestixio que ten o galego e reforzalo como lingua propia” pois, engadiu “é nestas idades cando se poden modificar as actitudes e comportamentos lingüísticos das persoas”. Goretti Sanmartín destacou na súa intervención no Correlingua en Santiago de Compostela que a infancia e mocidade ten que ser un obxectivo prioritario para garantir o futuro da lingua e animou a participar no programa que se desenvolverá en centros de ensino de distintos concellos.

Co fin de contribuír á paliar o descenso de falantes entre a poboación máis nova do que falan os últimos estudos sociolingüísticos, a Deputación da Coruña deseñou unha campaña de promoción da lingua en que a través de 91 actividades –subdivididas en 20 modalidades- buscará contaxiar ás mozas e mozos da Coruña do prestixio que supón ter unha idioma propio como o galego.

O programa contempla un amplo calendario de actividades e relatorios, en que participarán relevantes representantes do mundo da música, o deporte, a escrita, a danza, etc., persoas colaboradoras que, ademais de seren referentes para os mozos e mozas polas súas actividades profesionais, tamén amosaron o seu compromiso coa lingua galega.

Co ánimo de promover a sensibilización idiomática e fomentar unha actitude positiva entre a poboación adolescente cara a lingua, a Deputación da Coruña contará coa colaboración das poetas Antía Otero e Rosalía Fernández Rial, as contadoras Paula Carballeira e Aldaolado; representantes do mundo da música como Xurxo Souto, MJ Pérez, García MC, Davide Salvado, Monoulious Dop; ademais de Irene Lourido, Fran Cañotas e María Yáñez do eido xornalístico.

Así mesmo, o audiovisual estará representado por profesionais como Lois Blanco, Jaione Camborda, ou a compañía Gaita Films, as artes plásticas con Leandro Lamas, o mundo da moda e a ilustración con Cestola na Cachola e Laura Romero, o graffiti con Sokram e Mou e o ámbito sanitario con  Iria Veiga. 

Precisamente, a psiquiatra Iria Veiga, máis coñecida polo seu nome nas redes sociais -A Raíña Vermella- desenvolve xunto coa ilustradora Laura Romero as dúas primeiras actividades do programa O galego, a miña lingua, no IES Poeta Añon de Outes. Nomeadamente, o centro de ensino secundario outense é o escenario da presentación do proxecto “As mulleres na música galega” e a primeira charla-reflexión sobre o uso do galego na sanidade.

Así, e aínda que as actividades do programa O galego, a miña lingua propiase desenvolverán durante todo o 2018, antes da finalización do presente curso académico están programadas as seguintes actividades en diferentes concellos:

A BAÑA Mércores 9 MaioCPI SAN VICENTE 16:00h. Gaitafilmes. Obradoiro de cine na aula

ARZÚA Luns 14 MaioIES NOSA SRA. DO ROSARIO María Yañez – Mapeando o galego nas redes

SANTA COMBA Luns14 MaioIES TERRAS DE XALLAS Lois Blanco Arauxo – Proxección da curtametraxe ‘Fálame do silencio’ e charla co director

FISTERRA I Mércores 16 Maio IES NOSA SRA. DO CARME MJ Perez – Música e audiovisual

NEGREIRA Mércores 16 Maio11h30 IES XULIÁN MAGARIÑOS Fran Cañotas I Taller de xornalismo deportivo

AMES  Venres 18 Maio IES MILLADOIRO María Yañez – Mapeando o galego nas redes

BETANZOS Venres 25 MaioIES AS MARIÑAS MONOULIOUS DOP – Música, diversión e participación

A CORUÑA Venres 25 MaioIES CALVO SOTELO LEANDRO LAMAS – Un debuxo paso a paso

FISTERRA Mércores 4 xuñoIES FIN DO CAMIÑO MJ Perez – Música e audiovisual

RIANXO Mércores 20 xuñoIES FÉLIX MURIEL MJ Perez – Música e audiovisual

AMES Mércores 20 xuñoIES BERTAMIRÁNS Laura Romero – Presentación do proxecto ‘As mulleres na música galega’

ABEGONDO Mércores 20 xuñoIES VIÓS García MC – Obradoiro de Hip Hop e Rimas

ARZÚA xoves 21 xuño  IES DE ARZÚA Xurxo Souto – Somos un pobo de artistas!

Ademais destes concellos, ao longo do ano acolleran actividades de O galego, a miña lingua propiacentros de ensino de a Pobra do Caramiñal, Arteixo, Boiro, Cambre, Carballo, Carnota, Carral, Cedeira, Cee, Culleredo, Dumbría, Ferrol, Melide, Miño, Muros, Narón, Oleiros, Oroso, Outes, Ponteceso, Pontedeume, Porto do Son, Ribeira, Rois, Sada, Santiago de Compostela, Teo, Vimianzo, Cerceda, Ordes, Frades, Trazo, Tordoia e Mesía.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...