Home » coruna » Currently Reading:

A Deputación da Coruña defende a igualdade na cultura no festival “Elas son Artistas”

junio 1, 2018 coruna No Comments

A deputada de Servizos Sociais e Igualdade, Ánxela Franco, animou na inauguración da xornada que pon en marcha o festival “Elas son artistas” a botar man de “lentes violetas” en todos os ámbitos de actuación porque, segundo defendeu, “as políticas de igualdade teñen que ser transversais”. Na intervención no inicio da iniciativa que recibiu un dos premios Luísa Villalta, Ánxela Franco defendeu a necesidade de que todas as  institucións se impliquen e tomen en serio a eliminación da discriminación ás mulleres.

A deputada de Igualdade Ánxela Franco e a directora do festival, Yolanda Villa, participaron na apertura da xornada de debate que pon en marcha o festival “Elas son artistas”, un dos dez proxectos que gañaron a primeira edición dos Premios Luísa Villalta pola Igualdade a cultura das áreas de Cultura e Igualdade da Deputación da Coruña.

Na súa intervención de inauguración, Ánxela Franco defendeu a “transversalidade das políticas de igualdade que deben activarse en todas as áreas de actuación”, e, neste sentido referiuse a distintos programas da Deputación da Coruña que se están a levar a cabo en ámbitos como o deporte ou a cultura.

Neste sentido, Ánxela Franco referiuse ao documento “Cara ás lentes violetas na música”, elaborado pola Asociación Galega de Profesionais para a Xestión Cultural (AGPXC) e por Mulleres na Industria da Música (MIN) e presentado na xornada “Mulleres e música” da Deputación da Coruña que recolle diferentes propostas para eliminar a discriminación no ámbito musical. “Desde a Deputación da Coruña difundiremos este documento nos concellos e nos festivais para contribuír á poñer fin ao machismo que persiste en programacións, eventos, e outros espazos de distribución e promoción musical”, apuntou Ánxela Franco.

Defendeu tamén a deputada de Igualdade, a necesidade de que as “institucións teñan en conta criterios de igualdade de forma efectiva, é dicir, puntuábeis á hora de valorar diferentes proxectos”.   Ánxela Franco lembrou o “compromiso do goberno da Deputación da Coruña con políticas de igualdade e co obxectivo de visibilizar e dar a coñecer a presenza das mulleres en todos os ámbitos”.

O festival “Elas son artistas” celébrase nos concellos da Coruña, Arteixo, Betanzos, Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada e deu comezo este xoves día 31 de maio cun seminario co a participación de persoas que traballan no ámbito artístico desde diferentes sectores, en especial, artistas,profesionais das industrias culturais e das administracións públicas. “Compartir o coñecemento que temos sobre a situación das mulleres no sector cultural e artístico e como podemos mellorar as súas condicións e posicións apuntando cara posibles boas prácticas no sector” é un dos obxectivos. do festival segundo a organización.

A directora do festival, Yolanda Villa, destacou na súa intervención inicial o compromiso da Deputación coa igualdade e destacou a convocatoria dos Premios Luísa Villalta de proxectos culturais pola igualdade “que foron fundamentais para que este festival se realizara”.

Despois da xornada de apertura comezará un programa de concertos e outras actividades nos seis concellos que terá o punto de arranque o venres 1 de xuño con Ele no Teatro Colón e The Soul Breakers na Sala Mardi Gras da Coruña e Femenino Plural en Arteixo. A Panadaría, Carla Green & Exit, Aldaolado, Billie Holiday´s Songbook, Juanita Banana, Rebeca Lane Blues do Pais, Nastasia Zürcher Elahood Danza, Las Antonias, Turma Caipira e Berta Bittersweet forman parte do programa.

Máis información en www.elassonartistas.gal

Comment on this Article:

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...