Home » Uncategorised » Currently Reading:

A Deputación da Coruña destina 2,8 millóns de euros para impulsar 500 contratacións nos concellos coruñeses en 2018

mayo 22, 2018 Uncategorised No Comments

A Deputación da Coruña, a través do Plan de Emprego Local (PEL), destina durante 2018 un orzamento 2,8 millóns de euros para apoiar aos concellos coruñeses de menos de 20.000 habitantes na contratación de persoas desempregadas para a prestación de servizos locais básicos.

O organismo provincial publica no Boletín Oficial da Provincia as asignacións económicas que correponden a cada concello, que oscilan entre os 19.000 e os 52.000 euros, en función do número de parados rexistrados en cada municipio. A totalidade dos concellos coruñeses que optaban a estas axudas obtiveron as subvencións, agás Coristanco, por non ter aprobada e presentada ante os órganos de control externo a última conta xeral do municipio.

Segundo subliñou o presidente provincial, Valentín González Formoso, a Deputación manterá en 2018 a súa aposta polo emprego como a principal prioridade e o eixo transversal de todas as súas políticas. Neste sentido, Formoso lembrou que a liña de apoio aos concellos do PEL, que nos exercicios 2016 e 2017 permitiu a creación de 996 postos de traballo nos concellos coruñeses, aspira a crear este ano arredor de 500 novos empregos, priorizando a inserción laboral das persoas con maiores dificultades.

Coa súa asignación do PEL- Concellos, os municipios coruñeses poderán financiar, ata o 31 de decembro de 2018, os custos salariais e de seguridade social derivados da contratación de novo persoal que se destinará á mellora dos servizos municipais básicos.

Os operarios, que deberán ser contratados cunha xornada mínima semanal de 25 horas, realizarán labores como recollida e tratamento de residuos, limpeza viaria, mantemento de alcantarillado e alumeado público, melloras no acceso aos núcleos de poboación e pavimentación de camiños, mantemento de parques e xardíns ou traballos nas bibliotecas municipais.

Destinado a persoas con dificultades de inserción laboral

A Deputación esixe nas bases do programa que a contratación beneficie especialmente a aqueles colectivos máis afectados polo desemprego: maiores de 45 anos, parados de longa duración, persoas cun grao recoñecido de discapacidade, persoas pertencentes a fogares con todos os seus membros en paro, vítimas de violencia de xénero, persoas en risco de exclusión social ou mulleres, dado que o índice de paro rexistrado entre as mulleres é sensiblemente superior ao dos homes.

Dentro destes colectivos, os concellos primarán a aquelas persoas que teñan rematado favorablemente programas de capacitación, formación e integración no mundo laboral organizados ou financiados polas admininistracións públicas.

Apoio a pemes, autónomos e emprendedores

O PEL-Concellos é unha das tres liñas principais de actuación que inclúe o Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña. O programa contempla un investimento global de 30 millóns no período 2016-2019 para estimular a creación de 3.000 novos postos de traballo directos nos sectores público e privado, así como apoiar as iniciativas emprendedoras nacidas na provincia.

Ademáis deste programa de apoio aos concellos para a xeración de emprego, a institución provincial ten activas as liñas PEL-PEMES, que subvenciona a autónomos e pequenas e medianas empresas da provincia o 75% dos custes salariais da contratación de novo persoal e PEL- Emprende, que inclúe accións de fomento da iniciativa empresarial para empresas de recenté creación, promoción dos viveiros de empresas e espazos de coworking.

Un total de 2.233 pemes, autónomos e emprendedores solicitaron este ano estas liñas de subvención, o que supón triplicar as solicitudes do ano pasado.

Comment on this Article:

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...