Home » Uncategorised » Currently Reading:

A Deputación da Coruña destina 55.500 euros a mellora da rede de saneamento do Porto do Son

junio 7, 2018 Uncategorised No Comments

O deputado e responsábel da área de Cooperación cos concellos da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, e o alcalde do Porto do Son, José Luis Oujo Pouso, asinaron un convenio de colaboración para abordar a instalación de colectores de saneamento nas parroquias sonenses de Miñortos e Nebra.

Mediante este acordo, a institución provincial apoiará cunha partida económica de 55.500 euros os custes dun proxecto cuxo orzamento total ascende até os 69.375 euros, asumindo, xa que logo, o 80% do importe dunha actuación da que se beneficiarán preto de 1.200 veciños e veciñas do Son.

Ademais da instalación dos colectores de saneamento, a memoria técnica do proxecto tamén contempla a execución de pozos de rexistro e a montaxe de acometidas para augas residuais nas vivendas de ambos núcleos, executándose, de xeito simultáneo, a reposición dos pavimentos que se vexan afectados polas obras.

Con este investimento, o Concello do Porto do Son mellora e amplia a súa rede de saneamento municipal, subsanando unha carencia relevante en materia de servizos, e coa que incidirá  positivamente na calidade de vida da súa veciñanza.

Comment on this Article:

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...