Home » coruna » Currently Reading:

A Deputación da Coruña financia unha senda peonil e a ampliación dunha estrada en Bergondo

noviembre 9, 2018 coruna No Comments

O deputado de Contratación e Patrimonio, Xesús Soto, e a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez, asinaron un convenio de colaboración para o financiamento da construción dunha senda peonil e a ampliación dunha estrada cun orzamento global que supera os 450.000 euros.

A Deputación da Coruña e o Concello de Bergondo comprométense na colaboración para o financiamento dunha senda peonil e a ampliación da estrada DP 0801 da Fraga ao Casal de Santa Marta de Babío, no termo municipal de Bergondo. O Concello encargarase da execución dos servizos afectados (saneamento) cun orzamento de 139.850 euros, mentres que a Deputación asumirá a execución dos traballos de mellora da estrada  cun investimento de 417.091,36 euros (dos que 318.332,61 corresponden ás obras e 98.758,75 € ás expropiacións).

Os traballos permitirán ampliar a plataforma dos primeiros 800 metros deste vial, que pasará de 5 a 6,5 metros de ancho, e levar a cabo a construción dunha senda peonil de dous metros de ancho pola marxe dereita da calzada.

As obras inclúen a instalación dun sistema de drenaxe de pluviais, o retranqueo dos postes de instalacións eléctricas e telefónicas e o reforzo da seguridade coa instalación de sinais reflexivas, marcas viais e pasos de cebra.

Comment on this Article: