Home » coruna » Currently Reading:

A Deputación da Coruña forma aos concellos da provincia en novas fórmulas de aforro na compra de enerxía eléctrica

junio 8, 2018 coruna No Comments

O pazo de Mariñán (Bergondo) acolleu unha xornada sobre alternativas de compra da electricidade na administración pública, organizada pola Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC), dependente da Deputación.

A xornada, dirixida a técnicos, alcaldes e concelleiros  dos municipios coruñeses, foi inaugurada esta mañá pola alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez, e o presidente da institución provincial coruñesa, Valentín González Formoso, que destacou que “o suministro de enerxía eléctrica supón para os concellos un dos seus gastos máis importantes polo que resulta de gran interese para os nosos concellos coñecer as distintas opcións coas que contan á hora de contratar este servizo”.

Formoso destacou que os concellos galegos consumen anualmente 1.098.232 Mwh, dos cales o 54% (593.000) corresponden aos municipios da provincia da Coruña. “Unhas cifras que nos dan unha idea da importancia de comprar a enerxía a un prezo axeitado”, afirmou o presidente provincial, que destacou que “a compra da enerxía é un dos piares sobre os que pivota a eficiencia dos nosos concellos”

O presidente sostivo que a liberalización do mercado eléctrico supuxo dar liberdade para que os consumidores, e tamén ás administracións públicas,  poideran elixir dónde e a quen comprar a electricidade e lembrou que o mercado eléctrico ofrece varias alternativas que van dende os contratos de mercado regulado ao xeito dos fogares domésticos, ata a compra directa no mercado maiorista como consumidores directos ou a propia comercialización de enerxía por parte dos concellos.

Durante a xornada explicçáronse polo miúdo algunhas destas fórmulas. O director da FAEPAC, Jesús Castro, e o delegado rexional de Red Eléctrica Española, Carlos González Patiño, explicaron o funcionamento do mercado eléctrico e as opcións de compra de enerxía existentes para as administracións.

 

A experiencia de Rivas na compra directa de enerxía

O municipio de Rivas Vaciamadrid, a través do seu xefe do departamento de Telecomunicacións, Carlos Ventura, explicou a súa experiencia como consumidor directo de mercado, dende a perspectiva dun concello de gran tamaño. Este concello é o primeiro da Comunidade de Madrid e o terceiro de España en adquirir directamente a súa enerxía no mercado maiorista, o que lle supón un aforro estimado de 400.000 euros, un 20% da factura eléctrica anual.

Tamén se analiou a compra enerxética a través de centrais de contratación con representantes de Federación Española de Municipios e Povincias, da Consellería de Industria da Xunta de Galicia e da Junta de Castilla e León, que está a desenvolver unha iniciativa pioneira neste ámbito.

A última mesa do día estivo dedicada aos contratos bilaterais ou PPA (Power Purchasing Agreemente), que están tomando gran relevancia na actualidade.

Comment on this Article: