Home » Uncategorised » Currently Reading:

A Deputación da Coruña ilumínase de azul para conmemorar o Día de Europa

mayo 8, 2018 Uncategorised No Comments

A sede da Deputación da Coruña iluminarase na noite de hoxe e mañá de cor azul para conmemorar o Día de Europa. Ademais, durante estes días tamén penden da fachada do Teatro Colón dúas grandes bandeirolas coas doce estrelas da bandeira europea.

A Deputación súmase así, a través do seu centro Europe Direct, á iniciativa impulsada pola Comisión Europea para que edificios vinculados ás institucións europeas e monumentos emblemáticos das principais cidades da UE se vistan de azul o 9 de maio, aniversario da histórica “Declaración de Schuman” considerada a semente da Unión.

 

Nenos de Camariñas visitan a Deputación

Coincidindo co Día de Europa, os alumnos do IES Pedra da Aguia visitarán mañá mércores, 9 de maio, ás 17 horas, a sede da Deputación, en cuxo salón de Plenos realizarán unha simulación dunha sesión plenaria do Parlamento Europeo, que será retransmitida en directo a través do webstreaming da institución provincial na páxina  http://plenos.dacoruna.gal/live.

Os alumnos deste centro camariñán, nomeado Escola Embaixadora do Parlamento Europeo, serán recibidos polo presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, o deputado de Economía e Facenda, Antonio Leira, e a Oficial Maior da Deputación, Amparo Taboada.

Comment on this Article:







*