Home » coruna » Currently Reading:

A Deputación da Coruña impulsará un programa bilateral de prácticas profesionais co Ministerio de Traballo da República Arxentina

junio 28, 2018 coruna No Comments

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, comezou unha visita oficial de cinco días á Arxentina e Uruguay co obxectivo de retomar a tradicional relación da institución provincial coa colectividade galega en ambos países.

A axenda, que inclúe reunións con algúns dos colectivos galegos máis importantes de Buenos Aires e Montevideo cos que a Deputación mantén dende hai anos unha estreita traxectoria de colaboración, comezou esta mañá cunha reunión co ministro de Traballo da República Arxentina, Jorge Triaca, na que participou tamén  o deputado de Promoción Económica e Emprego e alcalde de Brión, José Luis García.

Formoso e Triaca acordaron impulsar, en base ao convenio marco existente entre os gobernos nacionais de España e Arxentina para o desenvolvemento de accións conxuntas de formación profesional, un programa bilateral de prácticas profesionais que permita aos fillos de emigrantes galegos completar a súa formación práctica en empresas coruñesas ou que os mozos coruñeses podan realizar prácticas laborais no país austral.

 

Recuperar o talento no exterior e poñelo ao servizo de Galicia

Valentín González Formoso destacou que o novo programa, que se incluirá dentro das liñas estratéxicas do Plan de Empego Local (PEL) da Deputación, que xa conta con axudas directas á contratación, programas de apoio a emprendedores, liñas de apoio á inserción laboral de persoas con especiais dificultades e creación de viveiros sectorais de empresas na provincia da Coruña, pretende “recuperar o talento dos galegos no exterior e poñelo ao servizo de Galicia”.

“Trátase dunha nova fórmula de colaboración que vai máis alá das tradicionais axudas para crear infraestuturas ou realizar actos culturais  e que nos vai a permitir investir no noso capital humano, que é o mellor que podemos ofrecer á sociedade e ao futuro de Galicia”, afirmou o presidente da Deputación da Coruña, que destacou que ademáis o  programa pretende “recuperar o vínculo coas entidades galegas no exterior, que son as nosas mellores embaixadas no mundo e que van a ter un protagonismo importante neste proxecto”.

Pola súa banda, o ministro de Traballo, Jorge Triaca, destacou que seu departamento “está absolutamente aberto a calquera cuestión que teña que ver cunha maior  formación, capacitación e acceso ao coñecemento, xa que nos vai a permitir mellorar a nosa competitividade e crear oportunidades de emprego para os arxentinos”.

“Todo o que teña que ver coa formación profesional é para nós unha prioridade”, afirmou o ministro de Traballo da República Arxentina.

Durante a reunión co ministro,  Valentín González Formoso interesouse tamén pola situación do histórico Centro Galego de Buenos Aires, unha asociación histórica impulsada pola emigración galega en 1907 na rúa Belgrano da capital arxentina que atravesa serias dificultades económicas e cuxa crise afecta a miles de galegos de avanzada idade residentes en Arxentina que viñan percibindo as súas prestacións médicas e sanitarias a través da entidade.

Comment on this Article:

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...