Home » Uncategorised » Currently Reading:

A Deputación da Coruña inviste 200.000 euros na adquisición de furgonetas para sete clubs de remo e piragüismo da provincia

julio 7, 2018 Uncategorised No Comments

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o deputado responsable da área de Deportes, José García Liñares, e os deputados/as provinciais Ánxela Franco, José Manuel Pequeño e Ángel García Seoane, participaron na Coruña no acto de entrega de vehículos a sete clubes de remo e piragüismo da provincia.

Os clubes beneficiarios son o C.D. Municipal de Piragüismo de Dumbría, o club de Piragüismo de Rianxo, o Club de Remo Rianxo, o Club de Remo Naútico de Ribeira, o Club de Remo Cabo de Cruz (Boiro), o Club de Remo Pobra e o Centro Deportivo Mariñeiro de Mera (Oleiros).

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, afirmou que con estas adqusicións, a área de Deportes da institución provincial pretende apoiar aos clubs de dous deportes naúticos de longa tradición na provincia e axudalos a manter a súa actividade, que require o transporte de material e persoas tanto para os adestramentos como para a participación en competicións.

 

 

Comment on this Article: