Home » coruna » Currently Reading:

A Deputación da Coruña seguirá instando ao goberno central para que incorpore a recuperación do Pazo de Meirás a súa axenda política

junio 5, 2018 coruna No Comments

A Deputación da Coruña diríxirase novamente ao goberno do Estado para solicitar que sitúe a recuperación do Pazo de Meirás na súa axenda política. O anterior goberno, a través do Ministerio de Presidencia e de Patrimonio Nacional, negárase a iniciar o proceso a pesar do informe xurídico, encargado pola Deputación da Coruña, que sinalaba que o Estado era quen debía iniciar o procedemento para que o inmoble pasase a ser un ben público.

A moción de censura muda tamén o panorama para a recuperación do Pazo de Meirás e desde a Deputación da Coruña dirixiranse ao goberno para que se implique activamente no proceso de recuperación xudicial do edificio en mans da familia Franco. A solicitude vén avalada polo informe Xurídico encargado pola propia Deputación da Coruña, a instancias da Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás, que situaba no Goberno Central a posibilidade de iniciar a vía xudicial para que a propiedade inmobiliaria rematase por ser un ben público.

Desde a Deputación da Coruña, a vicepresidenta Goretti Sanmartín, remitirá os informes xurídico e histórico ao goberno do Estado e solicitar o inicio das dilixencias para retirarlle a propiedade á Familia Franco que posúe o ben despois dun proceso ilícito de apropiación.

O Goberno de Mariano Rajoy rexeitara recentemente en carta remitida á vicepresidenta da Deputación da Coruña a posibilidade de presentarse no proceso para recuperar a propiedade do inmoble, reincidindo na resposta anterior de Patrimonio Nacional de non se sentir lexitimado para a súa reivindicación, a pesar de confirmar que o Pazo de Meirás foi residencia oficial do ditador.

O informe demostra que o Pazo de Meirás foi utlizado como residencia oficial de verán do dictador, que houbo compra do inmoble á familia da escritora Emilia Pardo Bazán en 1938, ano en que tamén se le ofrece en “donativo” a Francisco Franco, en calidade de xefe do Estado. O informe conclúe que hai claros indicios de que no proceso de compra-venda polo que se inscribe no xulgado en 1941 houbo, en realidade, unha simulación total de contrato e, polo tanto, debe solicitarse a súa nulidade. Neste caso, o informe apunta que o Pazo de Meirás debería pasar a formar parte do Patrimonio Nacional, tal e como establecía a Lei do Patrimonio Nacional de 1940, algo que precisamente Franco quixo evitar coa simulación contractual efectuada en 1941, pola que pasou a incluírse no Rexistro de Propiedade como propiedade privada, nunha clara confusión interesada entre os planos público e privado.

Comment on this Article:

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...