Home » coruna » Currently Reading:

A Deputación destina 110.000 euros para apoiar ás agrupacións de Protección Civil da provincia

octubre 11, 2018 coruna No Comments

A Deputación da Coruña apoia este ano a 18 agrupacións de Protección Civil dos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia.

En total, a institución provincial inviste 110.486 euros en dúas liñas de axudas co obxectivo de “fomentar a importante labor diaria e o gran servizo público que prestan, especialmente no ámbito rural os voluntarios destes servizos”, segundo destacou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.

O BOP publica hoxe a concesión dunha destas liñas de subvencións, dotada con 81.447,03 euros e está destinada a financiar investimentos que se realicen durante o ano 2018. Trece agrupacións agrupacións de Protección Civil  recibirán entre 4.000 e 12.000 euros para a adquisición de equipamentos, equipos e ferramentas necesarios para para os rescates e intervencións, elementos de transporte, materiais de comunicacións ou equipamento informático e aplicacións móbiles.

Doutra banda, a Deputación xa concedeu o pasado mes de agosto outra liña de axudas por importe de 29.039,80 euros da que se benefician cinco agrupacións da provincia, ás que se apoia para financiar os gastos de realización das actividades, coma pólizas de seguros, compra de uniformes, salarios do persoal administrativo ou cursos e actividades de formación.

SUBVENCIÓNS PARA INVESTIMENTOS

ENTIDADES Importe subvención  
Beneficiario: AGRUPACION DE VOLUNTARIOS P.CIVIL DE PORTO DO SON
Obxecto:Investimentos: elemento de transporte, equipos de comunicación e informáticos, ferramentas, dotación de elementos de uniformidade (duración superior a 1 ano)
4.325,25 €
Beneficiario: AGRUPACION DE VOLUNTARIOS P.CIVIL DO CONCELLO DE BOIMORTO
Obxecto:Investimento material AVPC
4.501,60 €
Beneficiario: AGRUPACION DE VOLUNTARIOS PROTECCION CIVIL DE MAZARICOS
Obxecto: Compra de ferramentas, equipos de comunicacións e EPIs. (Equipos de protección individual) para o desempeño das funcións en materia de Protección Civil.
11.472,00 €
Beneficiario: AGRUPACION MUNICIPAL VOLUNTARIOS P.CIVIL-BERGONDO
Obxecto: Adquisición de material para desenrolo de actividades de protección civil e seguridade
9.000,00 €
Beneficiario: AGRUPACION MUNICIPAL VOLUNTARIOS P.CIVIL-LARACHA
Obxecto:Investimentos destinados á mellora dos servizos de protección civil para o ano 2018
6.160,00 €
Beneficiario: AGRUPACION VOLUNTARIOS P.CIVIL DE ABEGONDO
Obxecto:Investimentos en novo equipamento e material de intervención AVPC de Abegondo.
5.043,28 €
Beneficiario: AGRUPACION VOLUNTARIOS P.CIVIL DE VIMIANZO
Obxecto: Compra de equipos e ferramentas destinados ao incremento e mellora dos servizos, mobiliario e equipos para o proceso de información.
3.750,00 €
Beneficiario: AGRUPACION VOLUNTARIOS P.CIVIL-CORCUBION
Obxecto: EPIs, material sanitario e de proceso da información
5.614,96 €
Beneficiario: AGRUPACION VOLUNTARIOS P.CIVIL- MIÑO
Obxecto:Investimento para mellorar os servizos da agrupación.
4.280,00 €
Beneficiario: AGRUPACION VOLUNTARIOS P.CIVIL- MUXIA
Obxecto: Material de emerxencias, 2º Fase.
11.466,00 €
Beneficiario: AGRUPACION VOLUNTARIOS P.CIVIL- P.CARAMIÑAL
Obxecto: Adquisición de material
4.046,21€
Beneficiario: AGRUPACION VOLUNTARIOS P.CIVIL- VILASANTAR
Obxecto:Investimentos para o ano 2018.
3.990,00 €
Beneficiario: AGRUPACION VOLUNTARIOS PROTECCION CIVIL NEGREIRA

Obxecto: Varios investimentos durante o ano 2018

7.797,73 €

SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES

ENTIDADES Importe subvención
Beneficiario: AGRUPACION VOLUNTARIOS P.CIVIL- ZAS
Obxecto: Adquisición vestiario e pago pólizas seguros.
4.800,00 €
Beneficiario: AGRUPACION VOLUNTARIOS P.CIVIL-BETANZOS
Obxecto: Compra de uniformes para voluntarios da asociación.
4.138,20 €
Beneficiario: AGRUPACION VOLUNTARIOS P.CIVIL-LAXE
Obxecto: Diversas actividades no ano 2018
4.101,60 €
Beneficiario: AGRUPACION VOLUNTARIOS P.CIVIL-MUROS
Obxecto: Adquisición de roupa e calzado para intervencións da AVPC de Muros.
4.000,00 €
Beneficiario: AGRUPACION VOLUNTARIOS P.CIVIL-OROSO
Obxecto: Retribucións e seguridade social de persoal administrativo
12.000,00 €

Comment on this Article: