Home » coruna » Currently Reading:

A Deputación destina 62.000 euros ás obras de reparación da cuberta do claustro de peregrinos do Mosteiro de Sobrado dos Monxes

julio 14, 2018 coruna No Comments

A Deputación da Coruña investirá 62.065 euros nas obras de reparación integral da cuberta do claustro de peregrinos do mosteiro de Sobrado dos Monxes.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o prior da orde cisterciense de Santa María de Sobrado, Carlos Gutiérrez Cuartango, asinaron esta mañá, na sede da institución provincial, o convenio de colaboración que articula esta achega económica, nun acto ao que tamén asistiu o alcalde de Sobrado, Lisardo Santos, e o deputado responsable da área de Turismo e Cooperación cos Concellos, Xosé Regueira.

González Formoso destacou “o inmenso valor patrimonial do mosteiro de Sobrado”, o único monumento da nosa provincia, xunto á Torre de Hércules, declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco, e considerou que as obras son necesarias para conservar o mosteiro e garantir a seguridade dos monxes que residen nel e das miles de visitas que recibe cada ano.

Pola súa parte, o prior do mosteiro, Carlos Gutiérrez Cuartango, agradeceu o apoio económico da Deputación para financiar estas obras, tal como comprometera o presidente provincial na súa visita ao mosteiro, e invitou a González Formoso a visitar de novo o cenobio unha vez estean rematados os traballos.

O proxecto consistirá na reparación das cubertas das alas sur, este e oeste do claustro, que presentan un elevado grao de deterioro debido ao paso do tempo e á falta de mantemento, e que supoñen un perigo evidente polo continuo desprendemento das tellas nun lugar cunha afluencia constante de visitantes. Ademáis, o mal estado da actual da cuberta produce filtracións de auga no interior do mosteriro que se resolverán unha vez completados os traballos.

Estas obras completarán as reformas xa levadas a cabo pola Deputación na ala norte que da acceso ao claustro e suporán a renovación integral da cuberta con tella vermella de cerámica curva, de similares características á existente na actualidade.

Comment on this Article:

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...