Home » Uncategorised » Currently Reading:

A Deputación destina 758.000 euros ás escolas de danza, conservatorios, museos e centros de intepretación dos concellos

junio 12, 2018 Uncategorised No Comments

A área de Cultura da Deputación da Coruña destina un orzamento de 358.774 euros ao programa de subvencións para o mantemento de conservatorios e escolas de música e danza municipais durante o 2018. A esta convocatoria súmase a destinada á contratación de persoal para museos e centros de interpretación, cun orzamento de catrocentos mil euros.

A liña de subvencións para centros de formación municipais nos ámbitos da música e a danza da Deputación da Coruña apoiará o funcionamento de 31 centros en 29 concellos da provincia que solicitaron subvención a través da liña de concorrencia competitiva.

A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, apuntou que dende a institución “consideramos fundamental manter e reforzar o apoio a centros que son fundamentais para a formación en materia artística e para facilitar o acceso a poboación dos concellos”. Detacou tamén  que as esclas e conservatorios “ademais da función dinamizadora que realizan tamén son un garante para o futuro da nosa cultura, ao seren centros de onde saen artistas do mañá”.

A listaxe de concellos que recibirán subvencións para o mantemento dos conservatorios e escolas de música e danza municipais (FO207) son:

CONCELLO DA BAÑA 9.000                                          CONCELLO DA CAPELA 3.774

CONCELLO DAS PONTES DE G. RODRIGUEZ 19.000      CONCELLO DE ABEGONDO 9.000

CONCELLO DE AMES 9.500                                         CONCELLO DE ARZUA 8.500

CONCELLO DE ARZUA 19.000                                     CONCELLO DE BETANZOS 18.000

CONCELLO DE BRION 10.000                                     CONCELLO DE CABANA DE BERGANTIÑOS 9.000

CONCELLO DE CARBALLO 19.000                             CONCELLO DE CARNOTA 10.000

CONCELLO DE CEE 9.500                                            CONCELLO DE CULLEREDO 20.000

CONCELLO DE LOUSAME 9.000                                 CONCELLO DE MELIDE 19.000

CONCELLO DE MUGARDOS 8.500                             CONCELLO DE MUROS 9.000

CONCELLO DE NOIA 19.000                                        CONCELLO DE OLEIROS 9.500

CONCELLO DE OLEIROS 10.000                                CONCELLO DE ORDES 9.000

CONCELLO DE OROSO 9.000                                     CONCELLO DE ORTIGUEIRA 10.000

CONCELLO DE PADRON 8.500                                               CONCELLO DE PONTECESO 8.500

CONCELLO DE PORTO DO SON 9.000                                 CONCELLO DE RIBEIRA 19.000

CONCELLO DE ROIS 9.000                                          CONCELLO DE SADA 9.500

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 10.000

 

400.000 euros para contratar persoal técnico en museos e centros de interpretación

Xunto coa liña de apoio ás escolas de música e danza municipais, a área de Cultura da Deputación da Coruña vén de resolver a concesión de axudas do programa de subvencións FO216, cuxo obxectivo é financiar a contratación de persoal técnico nos museos e centros de interpretación, e da que neste 2018, se beneficiarán un total de 40 entidades municipais da Coruña.

Cun orzamento de 399.204 euros, os museos e centros de interpretación dos concellos poderán contratar a profesionais e persoal técnico cos que optimizar a atención que prestan aos seus visitantes. Así, as achegas económicas da Deputación da Coruña conlevarán a sinatura de corenta contratos cos que se dinamizará e profesionalizará a atención dos espazos culturais municipais.

“Tanto unha como a outra liña supón contribúen á creación de emprego no sector cultural e, de maneira especial, á profesionalización do dos centros destinamos á promoción da cultura”, sinala Goretti Sanmartín.

Entre a listaxe de entidades beneficiarias da liña de axudas da Deputación, na Comarca da Costa da Morteatopamos centros como o de interpretación dos Muíños da Laracha (5.333 € ), Museo Man de Camelle (13.502 €) , Museo do Encaixe de Camariñas ( 14.466 €), Museo de Bergantiños de Carballo (12.944 €), Museo de Carnota (7.114 €), Centro de Interpretación e Rutas Monte Pindo de Dumbría (7.007 €), Museo da Pesca de Fisterra (6.745 €), Museo do Mar de Laxe (9.199 €), Museo de Malpica de Bergantiños (8.000 €), Museo do Voluntariado de Muxía (5.029 €), Ecomuseo de Cerceda (11.000 €), Museo de Ponteceso ( 10.000 €), o Museo de Vimianzo ( 13.573 €)e a Ruta Pazos Barrocos de Zas ( 5.267 €).

Na área da Barbanza concédense axudas para a contratación de persoal aos Muíños das Mareas de Muros (14.000 €); dous centros no concello de Porto do Son: o Museo da Memoria Mariñeira ( 13.000 €) e oCentro de Interpretación do Castro de Baroña (13.000 €); outros dous en Rianxo: a Aula Activa do Mar ( 9.718 €) e a Casa de Manuel Antonio (10.466 €); e dous máis en Ribeira: o Museo Municipal (11.000 €) e o Centro de Interpretación Arqueolóxica de San Roque( 13.000 €). Ademais, reciben axuda na área o Centro de Interpretación Minas de San Finx de Lousame ( 6.819 €), o centros da Pobra do Caramiñal ( 13.000 €) e o Centro de Interpretación Arqueolóxica dos Castros de neixón de Boiro (17.000 €).

Na comarca de Ferrolterra, a Ecoescola das Campeiras das Pontes de García Rodríguez (9.432 €), os Centro de interpretación de Ortigueira ( 8.824 €), o Museo do Humor de Fene (17.000 €), o Museo do Surf de Valdoviño (12.982 €), os centros de interpretación da Revolución Irmandiña de Moeche (15.000 €), os centros de Interpretación de Cedeira ( 7.500 €) e Pontedeume (8.328 €) son os beneficiarios das axudas da Deputación da Coruña.

En canto á área de Santiago, acóllense á liña o Centro de Estudos Camiño Inglés de Oroso (10.000 €) e o Centro de Interpretación Río Ulla en Touro (4.340 €).

Finalmente, na comarca da Coruña, terán persoal especializado coa axuda da Deputación o Centro de interpretación Muíño Vello de Arteixo ( 7.500€), o Museo de Cambre (7.200 €), a Colección Castro das Travesas de Carral ( 4.599 €), o Museo os Oleiros José Mª Kaydeda de Oleiros (13.000 €), a Aula do Mar de Oleiros (6.086 €), o Museo das Mariñas de Betanzos ( 12.561 €) e a Aula da Ría de Paderne (4.658 €).

Comment on this Article:

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...