Home » coruna » Currently Reading:

A Deputación destina 900.000 euros aos servizos de limpeza de praias de 41 concellos da provincia

mayo 8, 2018 coruna No Comments

O Boletín Oficial da Provincia publica a adxudicación provisional do programa de limpeza de praias 2018, a través do cal a Deputación da Coruña repartirá 900.000 euros entre 41 municipios costeiros coruñeses.

A finalidade do programa é apoiar aos concellos coruñeses no sostemento dos gastos de contratación do persoal das brigadas que se encargarán da limpeza dos areais da provincia, así como da adquisición do material necesario, coma o vestiario ou o combustible.

Ademais de contribuír á mellora da imaxe das máis de 360 praias coruñesas de cara á tempada estival, a campaña de limpeza de praias axudará tamén á creación de emprego durante os meses de verán, xa que a cargo deste programa e do de contratación de socorristas en piscinas municipais contratáronse o pasado ano preto de 300 persoas, unha cifra que espera que sexa similar este ano.

A subvención para a creación destas brigadas de limpeza ten unha duración máxima de tres meses, que deberán estar comprendidos na época estival.

As cantidades económicas asignadas son as seguintes:

CONCELLO SUBVENCIÓN / €
A CORUÑA 25.113,03
A LARACHA 23.857,38
A POBRA DO CARAMIÑAL 23.543,46
ARES 25.113,03
ARTEIXO 25.113,03
BERGONDO 23.543,46
BOIRO 25.740,85
CABANA DE BERGANTIÑOS 15.550,36
CABANAS 19.719,09
CAMARIÑAS 25.113,03
CARBALLO 31.391,28
CARIÑO 12.945,12
CARNOTA 29.507,81
CEDEIRA 10.150,13
CEE 21.748,00
CORCUBION 6.768,00
DUMBRIA 20.090,42
FENE 11.443,61
FERROL 31.391,28
FISTERRA 23.176,76
LAXE 26.368,68
MALPICA DE BERGANTIÑOS 23.246,20
MAÑON 24.485,20
MIÑO 25.113,03
MUGARDOS 20.404,33
MUROS 25.113,03
MUXIA 25.272,48
NARON 16.274,10
NEDA 6.768,00
NOIA 18.725,18
OLEIROS 28.252,15
ORTIGUEIRA 28.330,63
OUTES 7.164,43
PADERNE 9.196,61
PONTECESO 29.821,72
PONTEDEUME 20.404,33
PORTO DO SON 29.821,72
RIANXO 22.287,80
RIBEIRA 27.938,24
SADA 24.171,29
VALDOVIÑO 29.821,72

 

Comment on this Article:







*