Home » Uncategorised » Currently Reading:

A Deputación e o Concello de Sada destinan 250.000 euros á rehabilitación integral do centro de formación ocupacional de Osedo

abril 5, 2018 Uncategorised No Comments

A Deputación da Coruña e o Concello de Sada cofinancian a reforma do centro municipal de formación ocupacional de Osedo. O proxecto, incluído no Plan Único, terá un custo total de 249.712 euros, dos que a institución provincial aportará o 67,25% (167.931.60 €). Este orzamento foi aprobado por unanimidade no pleno do pasado mes de marzo.

O obxecto deste proxecto é a adecuación do actual edificio para o uso e disfrute dos cidadáns en condicións óptimas. Inaugurado en 1934, albergou as Escolas Nacionais, pero debido as súas deficiencias leva sen actividade máis dun lustro. A obra consistirá principalmente na restitución da volumetría orixinal do edificio e a substitución da cuberta existente.

No referente á fachada, procederase a enfoscar a pedra vista e a pintar todas as paredes de cor branca e colocaranse novas ventás de madeira con dobre acristalamiento conservando a forma orixinal da arcada. Por outra parte, procederase a restauración das fiestras da fachada principal e das portas de entrada e interiores.

 

Adaptacións para as persoas con mobilidade reducida

Ademais, adaptarase o edificio en materia de accesibilidade coa construción dunha nova rampla de acceso na parte traseira con varandas adaptadas en ambos lados e coa sinalización necesaria. Para conseguir unhas aulas operativas e accesibles derrubarase o muro interior de mampostería que separa as distintas estancias e a pedra resultante utilizarase para rechear o desnivel existente nesta planta.

Nesta liña procederase a demolición dos aseos existentes para crear uns novos adaptados ás persoas con mobilidade reducida e renovarase a instalación de fontanería.

Paralelamente levarase a cabo unha renovación de todas as instalacións: climatización, renovación do aire, iluminación en todo o edificio e instalación de luminarias leds suspendidas nas aulas, instalación eléctrica na súa totalidade e instalación de telecomunicacións inalámbricas con firewall en todo o edificio.

Comment on this Article:







*