Home » coruna » Currently Reading:

A Deputación imparte un curso sobre as competencias dos concellos en materia de incendios forestais

junio 7, 2018 coruna No Comments

A Deputación da Coruña imparte desde este venres cursos de formación sobre as “Competencias dos concellos en materia de incendios forestais” encadrados no Plan de Formación Agrupado 2018.

A formación levarase a cabo en tres xornadas en horario de 9:30 a 14:00 horas os días 8, 14 e 15 de xuño na Sala Juanjo Gallo, no edificio principal da Deputación da Coruña.

As xornadas están dirixidas a persoal das entidades locais da provincia cuxo posto de traballo garde relación coa materia do curso. Entre outras temáticas, abordaranse temas como o coñecemento da problemática dos incendios forestais en Galicia, o estudo das competencias da administración local nesta materia, o coñecemento da normativa forestal e do concepto de monte e os cambios de uso e de actividade.

Entre os poñentes contarase con profesionais do sector como xefes de unidades e servizos, técnicos, arquitectos ou axentes territoriais da Consellería do Medio Rural. Ademais, contarase coa presenza do subdirector xeral de planificación e protección civil.

Comment on this Article: