Home » coruna » Currently Reading:

A Deputación impulsa a contratación de técnicos deportivos en 79 concellos da provincia

junio 6, 2018 coruna No Comments

O Boletín Oficial da Provincia publica a concesión definitiva das subvencións que concede anualmente a Deputación da Coruña para a contratación de persoal técnico deportivo nos concellos da provincia. Este ano, 79 concellos contratarán ou manterán no seu cadro de persoal a técnicos deportivos municipais grazas ao apoio económico da Deputación, que achega un total de 979.925,40 euros para financiar este programa.

Durante o ano 2017, un total de 75 concellos coruñeses contrataron a un técnico de deportes grazas ao apoio da institucións provincial. Este ano, A Capela, Ferrol, Cabanas e Neda súmanse como concellos beneficiarios da axuda facendo un total de 79.

Os concellos poderán contratar a graduados universitarios en Ciencias da Actividade Física e o Deporte ou a técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas.

O deputado responsable da área de Deportes, José García Liñares, destacou que “con este programa perséguense dous obxectivos”. Por unha banda, “contribuír á creación de postos de traballo na provincia”, facilitando que os concellos contraten persoal cualificado, e por outra, “fomentar a práctica de actividades deportivas”, especialmente entre a mocidade e as persoas maiores.

Asemade, a liña de axudas da Deputación permitirá desenvolver programacións deportivas estables e homoxéneas, durante todo o ano e en todos os concellos da provincia, independentemente do seu tamaño.

 

Comarca de Santiago

 

CONCELLO ACHEGA
A Baña 14.240
Ames 14.240
Boimorto 14.240
Boqueixón   9.240
Dodro 14.240
Frades   9.240
Melide   9.240
Mesía 14.240
Ordes 14.240
Oroso   9.240
Padrón 14.240
Rois 14.240
Santa Comba 14.240
Santiso 14.240
Teo 14.240
Toques 14.240
Tordoia 14.240
Touro 13.200
Trazo 14.240
Val do Dubra   9.240
Vedra 14.240
O Pino 14.240
Total 287.240

 

Comarca da Coruña e As Mariñas

CONCELLO ACHEGA
Abegondo   9.240
Aranga 14.240
Arteixo 14.240
Betanzos 14.240
Cambre 14.240
Carral 14.240
Culleredo 14.240
Curtis 14.240
Irixoa 14.240
Oleiros 14.240
Paderne   9.240
Sada   9.240
Sobrado 13.790
Vilasantar   9.240
Total 178.910

 

 

Comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal

CONCELLO ACHEGA
As Pontes 14.240
As Somozas 14.240
Ares 14.240
A Capela 5.822,40
Cabanas   9.240
Cariño 14.240
Cedeira   9.240
Ferrol 14.240
Mañón   9.240
Moeche   9.240
Monfero   9.240
Mugardos 14.240
Neda   9.113
Ortigueira   9.240
Pontedeume 14.240
San Sadurniño 14.240
Valdoviño   6.740
Vilarmaior 14.240
Total 205.275,4

Comarca de Bergantiños – Costa da Morte

CONCELLO ACHEGA
Laracha 14.240
Cabana de Bergantiños   9.240
Camariñas   6.740
Carballo 14.240
Cee 14.240
Cerceda 14.240
Corcubión 14.240
Dumbría   9.240
Fisterra  9.240
Laxe 14.240
Malpica 14.240
Muxía   9.240
Ponteceso 14.240
Vimianzo 14.240
Zas   9.240
Total 181.100

 

 

Comarca do Barbanza

CONCELLO ACHEGA
A Pobra 14.240
Boiro 14.240
Carnota 14.240
Lousame 14.240
Mazaricos 14.240
Muros   9.240
Outes   9.240
Porto do Son   9.240
Rianxo 14.240
Ribeira 14.240
Total 127.400

 

Comment on this Article:

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...