Home » coruna » Currently Reading:

A Deputación licita por preto de medio millón de euros obras de mellora en estradas provinciais de Ribeira, Carral, As Pontes e Valdoviño

junio 1, 2018 coruna No Comments

A Deputación da Coruña saca a licitación diversas obras de melloras nas estradas provinciais DP 7305 (Ribeira), DP 2103 (Carral), DP 7001 (As Pontes) e DP 2502 (Valdoviño) por un orzamento total de 486.208,26 euros.

As licitación realízase de forma integramente electrónica, a través da Plataforma de Contratación do Estado (www.contrataciondelestado.es), tal como establece a nova Lei de Contratos de Sector Público de 9 de marzo de 2018. Nesta plataforma publícanse os pregos, anuncios de licitación, consultas a provedores e desenvólvense todos os trámites ata a adxudicación definitiva do contrato.

No referente a DP 7305, que transcorre de Ribeira a Aguiño, levarase a cabo unha mellora da capa de rodadxe entre os puntos quilométricos 3+470 e 4+270, mediante o estendido dunha capa de mestura bituminosa en quente de 5 cm. de espesor en todo o ancho da calzada.

Dadas as características urbanas do vial, entre as actuacións previstas proxéctase a execución de redutores de velocidade de tipo paso peonil sobreelevado, co obxectivo de reducir a velocidade media dos vehículos que circulan pola zona.

O proxecto complétase coa posta a cota das tapas de rexistro e sumidoiros existentes, a reposición das marcas viais do eixo da estrada e o repintado dos pasos de peóns e a renovación da sinalización vertical.

 

Melloras do firme en Carral e As Pontes

A estrada DP 2103 de Castelo-Andeiro a Sergude, no termo municipal de Carral, será tamén mellorada cun investimento de 108.367,14 euros, que se destinarán á limpeza das marxes, fresado do firme e dotación dunha nova capa de rodaxe de mestura bituminosa en quente de 5 cm de espesor nos primeiros 1.900 metros do vial.

Unha actuación similar á que se levará a cabo na estrada provincial DP 7001 de Momán a As Pontes, un vial polo que circulan a diario 1.727 vehículos e que rexistra case un 8% de tráfico pesado, polo que se renovará o firme nos dous primeiros quilómetros (unha superficie de 13.867 m2) cunha capa de mestura asfáltica en quente e se levará a cabo unha mellora da sinalización e balizamento do vial. Estas obras saen a licitación por importe de 114.240,20 euros.

 

Nova glorieta na estrada de acceso ao CPI Atios ( Valdoviño)

A Deputación da Coruña licita tamén, por importe de 144.957,07 euros, as obras de mellora dunha intersección na estrada DP 2502 Valdoviño-Cerdido, que consistirán na execución dunha glorieta á altura do punto quilométrico 0+680 que mellorará a perigosa intersección existente neste punto e facilitará as manobras de cambio de sentido dos numerosos autobuses que realizan o transporte escolar do alumnado do CPI de Atios, situado na marxe esquerda do vial e no que cursan estudos uns 500 rapaces do municipio.

As obras inclúen tamén a ampliación dun carril dende a saída da glorieta á zona de aparcamento dos autobuses escolares, no PK 0+500. Este novo carril permitirá ademáis que, no caso de que non contar con espazo para aparcar, os vehículos podan realizar esperas no carril ás horas de entrada/saída do colexio, sen interferir o tráfico da estrada DP 2502.

Comment on this Article: