Home » coruna » Currently Reading:

A Deputación publica a concesión provisional das súas bolsas artísticas

Agosto 12, 2017 coruna No Comments

A área de Cultura da Deputación da Coruña concede vinte bolsas de formación artística nas áreas de música, artes plásticas e visuais, teatro e interpretación, audiovisual, danza e movemento e ilustración e banda deseñada. Cada bolsa está dotada con 9.000 €.

A área de Cultura da Deputación da Coruña publica a puntuación final e a concesión provisional das vinte bolsas de formación artísticas para completar estudos nas distintas disciplinas creativas. Por áreas, 9 están dirixidas a estudos de música, 3 a artes plásticas e visuais, 3 a teatro e interpretación, 2 a danza e movemento, 2 a audiovisual e 1 a ilustración e banda deseñada.

Másters, proxectos de investigación e formación en centros internacionais son algúns dos principais obxectivos das bolsas que contribúen a completar estudos en ámbitos artísticos. “Son bolsas encamiñadas a apoiar a formación artística, ámbitos de estudo que precisan de axuda institucional xa que supoñen altos custes para as persoas que se queren dedicar profesionalmente á creación artística e, pola contra, teñen poucas posibilidades de atopar financiamento”, explica a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei.

A área de Cultura da Deputación da Coruña destina 180.000€ a esta nova edición das bolsas na que se incorporan dúas novas modalidades, o audiovisual e a ilustración e a banda deseñada ademáis de abrir a modalidade de danza a outras artes do movemento co obxectivo de adaptar o mapa das bolsas á realidade cultural do país. “Para nós, é importante manter este apoio que reverterá no futuro da nosa creación cultural tamén en ámbitos como o audiovisual ou a banda deseñada en que estamos a destacar como cultura e necesita tamén que sexan recoñecidos en convocatorias como esta”, anota , Goretti Sanmartín.

 

Artes Plásticas e Visuais

 

-Jacobo Bugarín Osorio

Proxecto formación individual. Programa de estudos personalizado en Arco

 

-María Vanesa Castro López

Deseño e producción de proxectos de intervención artística e cultural no medio rural

 

-Pablo Rodríguez Barreiro

A Condición da Forma: investigación sobre a reproductibilidade na Cerámica

 

 

Música

 

Amaro Sampedro López

3º Ano de Licenza (Grao) en musicoloxía opción músico intérprete, especialidade saxofón

 

Daniel Vlashi Llukaci

1º ano de Máster, especialidade violín

 

Helena Otero Correa

Máster Música de Cámara

 

Hugo Gómez-Chao Porta

Másterstudium Programe Comosition na Kunstunivertitat Graz

 

Iago Domínguez Eiras

Estuos de postgrado na “School of Excellence” da Hochschule für Musik Basel

 

Iria Folgado Dopico

4º curso de Estudos Superiores de Interpretación Musical (oboe)

 

Manuel Casares Gestal

Máster en Música: interpretación-Piano

 

Mireia Castro Real

Master of Arts in Music Performance-Violín (2º curso)

 

Ricardo Pedrares Patiño

Segundo ano de Master en Trombón

 

 

 

Teatro e Interpretación

 

Antón Coucheiro Faílde

Máster en Dirección de Teatro

 

Mónica Suárez Casal

Formación profesional en Teatro-Físico-École Philippe Gaulier

 

Paula Santiago Pier

Máster Profesionala en Teatro Musical

 

 

Audiovisuais

 

Irenen Parga Todoroff

Máster en Animación 3D. Oficial de autodesk Maya Mam

 

Santiago Teijelo Vázquez

Dirección de Ficción

 

Danza e movemento

 

Inés Barcia Fabregas

Ivestigación do desenvolvemento e saúde do corpo en movemento a través da danza contemporánea, o teatro físico e a convivencia na comunidade artística

 

Sofía Liñares Vázquez

Estudos de Danza 1º Curso Senior Ano 2017-2018 Upper School, Covent Garden, Royal Ballet School

 

Ilustración e Banda Deseñada

 

Sara Blanco Cambeiro

Máster de Ilustración e Concept Art

 

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...