Home » Deportes » Currently Reading:

A Deputación trae á provincia da Coruña os campus de fútbol da RFEF que se celebrarán en Cerceda, Boiro e Cedeira

junio 22, 2018 Deportes No Comments

A Deputación da Coruña presentou esta na sede da institución provincial os campus de fútbol que a RFEF levará a cabo nos concellos de Cerceda, Boiro e Cedeira.

O acto contou coa presenza do deputado responsable da Área de Deportes e alcalde de Cerceda, José García Liñares, o alcalde do concello de Cedeira, Pablo Moreda, o concelleiro de Boiro, Fernando M. García Diéguez, o ex xogador internacional da Selección española, Paco Jémez, o ex preparador físico da RFEF, Jesús Paredes e o responsable do Campus da RFEF, Joaquín de Ramos.

Liñares destacou o éxito do campus nos últimos anos: “Dende hai varios anos a Deputación vén celebrando este campus con éxito, por non dicir con matricula porque as prazas se cobren sen problema. Este ano, desenvolverase en tres sedes co fin de abarcar toda a provincia. Para nos é un orgullo colaborar co deporte da provincia e tamén unha obriga e unha satisfacción poder ver a un montón de nenos e nenas coa ilusión de vestir a camiseta da Federación Española. Desexo que teña o mesmo éxito dos anos anteriores e agradezo a RFEF as facilidades que sempre nos poñen para levar a cabo este proxecto”.

Pola súa parte, Jesús Paredes incidiu na boa organización do campus e na formación que aporta aos nenos e nenas: “Este é o sexto ano que a Federación celebra este campus e o fai co máximo interese e rigor. Este evento cumpre unha gran labor de formación para os rapaces que participan e a través do fútbol transmite valores como o espírito de sacrificio ou o apoio aos demais e a solidariedade. Agradezo a Paco Jémez, 22 veces xogador internacional, a súa presenza no acto e o seu apoio a este campus”.

Paco Jémez destacou a importancia do fútbol formativo e da boa labor da RFEF neste proxecto: “Todos os xogadores profesionais pasan polo fútbol formativo e neste caso, este campus o que leva implícito é iso, unha formación a nivel de fútbol, pero tamén a nivel educativo nuns valores que son moi importantes na actualidade, xa que moitos deles están en desuso e en decadencia. As nosas xeracións teñen que ter uns bos valores para poder facer unha sociedade mellor. A RFEF é sinónimo de garantía segura e neste campus os nenos e nenas vanse formar, educar e van a mellorar”.

Por último, o alcalde de Cedeira destacou o “privilexio que é para o pobo que a RFEF conte coa vila para poder participar nesta formación de nenos e nenas, xa que somos un concello que aposta polo deporte, a cultura e polos valores que da o deporte”.

 

Máis de 700 rapaces e rapazas de entre 8 e 17 anos

Os campus da RFEF están dirixidos a todos os nenos da provincia de entre 8 e 17 anos. Serán máis de 700 rapaces e rapazas os que participarán, tanto en réxime interno coma externo, en adestramentos e sesións informativas en horario de mañá e tarde.

Coa ensinanza deportiva e extradeportiva que recibirán os nenos e nenas buscarase fomentar a convivencia, a cooperación e a interacción entre os participantes a través da práctica do fútbol e promover valores como a amizade, a autoestima, a tolerancia e o xogo limpo, así como desenvolver o aprendizaxe mediante un sistema de adestramento global que contribúa á maduración e a autonomía persoal.

As datas de celebración será, en función dos concellos, entre o 1 de xullo e o 11 de agosto. En Cerceda, o campus será do 1 de xullo ao 14 de xullo, en Cedeira do 15 de xullo ao 28 de xullo e en Boiro do 29 de xullo ao 11 de agosto.

Comment on this Article: