Home » coruna » Currently Reading:

A edil Rocío Fraga participa nun encontro estatal de prevención e emerxencias para dar a coñecer o Dispositivo de San Xoán do Concello

octubre 29, 2017 coruna No Comments

A concelleira de Igualdade e Diversidade, e con competencias da área de Seguridade Cidadá, Rocío Fraga, presentou en Alcobendas o dispositivo especial de seguridade que o Concello da Coruña despregou este ano con motivo da celebración da festa de San Xoán. A edil interveu no marco do III Encontro de Prevención e Emerxencias, o que participa persoal de seguridade e protección, así como representantes institucionais, de todo o Estado e que, nesta ocasión, ten como eixo temático os plans de emerxencia en espectáculos públicos. O goberno coruñés foi convidado ao foro para presentar o plan de seguridade municipal San Xoán, “unha celebración que comporta numerosos riscos, e que se solventou, de novo, de xeito exitoso grazas ao traballo e coordinación de todos os corpos e servizos implicados no dispositivo”, segundo explica Fraga. “A noite de San Xoán reúne a máis de 150.000 persoas na cidade, entre as praias e as rúas, polo que o Concello despregou un dispositivo especial no que interviñeron 596 persoas, das que 390 conformaron o operativo de seguridade”. Deste grupo formaron parte membros do servizo de Bombeiros o e o grupo de rescate acuático, “que este ano estivo especialmente pendente das condicións do mar, ante a existencia das mareas vivas”, Policía Local e Nacional, Protección Civil, vixilancia privada para os accesos ás praias e os aseos públicos, Cruz Vermella, Urxencias Médicas e o persoal do centro móbil de coordinación e vídeo-vixilancia. Completaron o equipo as 140 persoas integrantes do servizo de limpeza e 66 do operativo ambiental.

A responsable municipal pormenorizou durante a súa intervención do dispositivo, que comezou ás 07.30 horas do venres 23 e que se desenvolveu até as 09.00 horas do día 24 de xuño. Entre as actuacións que tiveron lugar neste período, incluíuse un simulacro dos servizos de emerxencia na praia do Orzán. “Durante todo o dispositivo, o traballo do persoal permitiu que a cidadanía gozara da festa con total seguridade”, sinalou Fraga, “en particular nas horas máis complicadas dos festexos na praia pola concentración de xente á vez que comezaba a suba da auga, contra as 3 da mañá”. A este respecto, a concelleira destacou “o labor informativo, de sensibilización e prevención levado a cabo nas anteriores datas polos distintos servizos municipais”, que sinalizaron tamén, ao longo da propia noite de San Xoán, a previsión do nivel que alcanzaría o mar ás distintas horas da madrugada. Ademais, fóra das praias, situáronse catro reténs de bombeiros en espazos como Zapateira-Feáns, Bens-Rosales-Visma, Elviña-Eirís e a Torre de Hércules e a súa contorna natural, co obxectivo de seguir, en todo momento, o que acontecía na cidade.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...