Home » coruna » Currently Reading:

A empresa pública da EDAR de Bens acomete obras de reparación na planta, “que veñen a solucionar problemas que arrastra dende a súa posta en funcionamento”

junio 18, 2018 coruna No Comments

​A empresa pública EDAR de Bens levará a cabo traballos de reparación na estación entre os días 20 e 22 de xuño para “solucionar os problemas que arrastra dende a súa posta en funcionamento en 2012”, relacionados co sistema de apertura e peche da comporta do emisario submarino. “Esta actuación realizase na fase de expulsión da auga tratada, polo que non afecta en ningún momento ao funcionamento da planta, que seguirá neste período depurando a auga con normalidade”, indica a concelleira de Medio Ambiente, María García.

A estación depuradora presenta, dende a súa posta en servizo en 2012, problemas na comporta que pecha a entrada de auga dende o emisario submarino. “É fundamental solucionar esta eiva para o correcto procesamento das augas xa depuradas, algo que esperamos conseguir con esta actuación, da que se vai encargar a UTE construtora –conformada por Dragados e FPS– que tamén asume o custo da obra,, xa que se considera que é unha eiva existente dende o principio”, indica García. O arranxo, que se fai en verán por se a época con menor volume de entrada de augas na depuradora, consiste en cambiar o sistema eléctrico de apertura e peche da comporta por un oleohidráulico.

Debido a estes traballos, o Goberno local restrinxirá o baño entre os días 20 e 22 de xuño nas zonas máis próximas á EDAR de Bens.. A concelleira de Medio Ambiente, María García, sinala que “o Goberno local restrinxirá o acceso á auga nas áreas máis próxima á estación como medida de precaución, xa que a actuación non afecta á salubridade da auga”. “O proceso de depuración das augas farase como habitualmente, só cambiará a expulsión da mesma, que non se fará polo emisario submarino”, apunta. As zonas nas que non estará autorizado o baño, que non inclúen as praias urbanas da cidade, estarán sinalizadas durante o período que dure a restrición.

Esta intervención realízase coa conformidade da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, administración propietaria das instalacións, e da xestora, a empresa pública Edar Bens, que validou a solución técnica e coordina os traballos de reparación coas tarefas cotiás de funcionamento da depuradora.

Comment on this Article:

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...